Pataquinha

Pataquinha

mércores, 1 de novembro de 2023

CURTAS PARA O SAMAÍN


Pataquiña quere darvos as grazas a todxs os que participastes  nesta actividade!

Grazas polo voso esforzo.



CURTO 1   CURTO DE NUNO, ROI E BREIXO

CURTO 2   CURTO DE LOAIRA, ZOE E OLIVER. NOME : SAMAÍN

CURTO 3   CURTO DE MARÍA

CURTO 4   CURTO DE CARLOTA E NICO

CURTO 5   CURTO DE MARISA MOSQUERA. NOME: HABELAS HAINAS

CURTO 6   CURTO DE HENAR.  NOME: A NENA DA FINCA MALDITA

FESTA DO SAMAÍN 2023

O Samaín xa chegou e cos nenxs disfrazados e o cole ben decorado moitas foron as actividades que se organizaron para pasar un día de medo e terror.

Empezamos a xornada cos talleres terrorificos.  

O taller de cociña onde os nenxs fixeron arañas e pantasmas.

O taller de pócimas con brevaxes asquerosos.

O taller de manualidades para crear unha pantasma. 

Estes talleres foron organizador polas profes Ana. Eva, Helena e Lucia e contaron coa axuda dos nenxs de 6º de primaria.

Ademais destes talleres os nenxs de 6º  tamén fixeron de contacontos " Lecturas de terror". 

Finalizamos o día coa exposición de cabazas con temática deportiva e de medo.






martes, 24 de outubro de 2023

O SAMAÍN 2023

Bevidos ao Samaín

                                          


                           

O Samaín é unha festividade de orixe celta máis importante do periodo pagán que dominou europa ata a súa conversión ao cristianismo.
A sua etimoloxía é gaélica e significa " fin do verán". Celebráse ao final da tempada das colleitas. Era considerado como o "ano novo" celta que comezaba coa estación escura. Esta data era o 31 de outubro no hemisferio norte e o 1 de maio no hemisferio sur. Era unha das noites dos espíritus, sendo a outra Beltane.

Estas son algunhas das actividades que faremos na escola estes días.
1. Exposición de cabazas, preferentemente con temática de medo ou tamén deportiva.
2. Exposición de adornos de outono ( con follas, pauciños, landras, castañas...)
3. Curtas polo Samaín en galego.
Esta actividad consiste en gravar un pequeno video de, como minimo un minuto de duración e non máis de 5 minutos, no que se fale en galego con temas do Samaín.

Podese facer en familia, c@s amig@s do cole, individuais, con disfraces, obxectos de medo...

Empregade  a imaxinación.
Animádevos a participar para celebrar o Samaín dun xeito divertido e creativo!!!
Aquí vos quedan tamen un chea de RECURSOS SAMAÍN
Grazas a todas as persoas que elaboran estes recursos e os comparten. 


 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 de Outubro celebramos novamente o día das Bibliotecas Escolares.

Como tódolos anos os nenxs voluntarios da biblioteca repartiron as mochilas viaxeiras, os itinerarios lectores e tamén a carta presentación do P.D.I  deste curso 2023-24 "As Olimpiadas de Cabanas".

                         

















Así que a partir de hoxe xa podemos empezar a aprender e xogaaaaar.

luns, 18 de setembro de 2023

VISITA AO NOSO COLE DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

 Hoxe foi un pracer recibir no noso cole a banda de música de Salcedo.

Grazas a eles poidemos ver e tocar instrumentos de vento e de percusión e pasar así un día moi musical e divertido















DE QUÉ VAI VESTIDO PATAQUIÑA?

O equipo de Biblioteca ten pensada  unha nova proposta para facer o  PDI deste curso.
Supoño que non é moi difícil adiviñar cal vai ser.
Fixádevos como vai vestido Pataquiña .
En poucos días saberedes algo máis.
Esperamos que vos guste.