Pataquinha

Pataquinha

martes, 21 de xuño de 2016

ENTREGA PREMIO CONCURSO LETRAS GALEGAS

Aproveitando a celebración do festival para nenos fixemos o sorteo do concurso Letras Galegas e esta foi a nena gañadora.
Sara de 1º de Primaria


DOBRAXE NA AULA CON 6ºA: BUSCANDO A DORY

Aquí vos deixamos un traballo realizado polos alumnos e alumnas de 6ºA no que fixemos unha dobraxe dun corto de animación da última película de Pixar "buscando a Dory". Ademáis gravamos efectos sonoros e buscamos na rede moitos máis elementos que lle dan vida a Banda Sonora Orixinal que fixemos para este proxecto.

sábado, 18 de xuño de 2016

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Pataquiñas quere recomendarvos estas lecturas para verán.

                                          

                                      







VISITA DO CONTACONTOS MIGUEL ANGEL ALONSO

Este venres , 17 de Xuño tivemos a sorte de que nos visitase o escritor Miguel Angel Alonso Diz   e nos contase o  contos : O soño de Esther e o Valente coelliño que quixo soñar.