Pataquinha

Pataquinha

luns, 18 de setembro de 2023

VISITA AO NOSO COLE DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

 Hoxe foi un pracer recibir no noso cole a banda de música de Salcedo.

Grazas a eles poidemos ver e tocar instrumentos de vento e de percusión e pasar así un día moi musical e divertido















DE QUÉ VAI VESTIDO PATAQUIÑA?

O equipo de Biblioteca ten pensada  unha nova proposta para facer o  PDI deste curso.
Supoño que non é moi difícil adiviñar cal vai ser.
Fixádevos como vai vestido Pataquiña .
En poucos días saberedes algo máis.
Esperamos que vos guste.



BENVIDOS

 Comenza o noso curso 2023-24

Pataquiña davos as grazas por escribir neste mural cómo comenzastes as clases.

Algúns con alegria, outros con ganas  de ver os amigos, impaciencia, nervios, ilusión...

                             




Oxalá este sexa para todoxs un bo  curso e rematemos sabendo algo máis e moi felices.

domingo, 4 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2023


Agora que teremos uns fermosos días de descanso, xa sabedes que a lectura fainos gozar e transportarnos a outros lugares e achegarnos a distintos personaxes.
Pataquiña dexéxavos que pasedes unhas boas vacacións mentras el  espéravos na biblioteca ata que regresedes en setembro.

FELICES VACACIÓNS







FEIRA DA CIENCIA 2023


Por fín o Venres, día 2 de Xuño rematamos o noso P:D. I. 
"INVESTIGUEMOS E EXPERIMENTEMOS" cunha Feira da Ciencia.
Foi unha feira na que todoxs os nenxs puideron disfrutar facendo ciencia, experimentando e poñendo a proba o método ciéntifico.
O noso Pataquiña ciéntifico  está moi contento de poder ver como todolos nenxs dende os máis pequenos ata os máis grandes e tamén mestrxs pasaron unha mañá divertida e ademais moi emocionante.
Fixéronse 11 experimentos que estiveron repartidos por diferentes espazos do colexio.



-INFANTIL 3 ANOS: NUBE NUNHA BOTELLA
-INFANTIL 4 ANOS: DIBUXO MÁXICO
-INFANTIL 5 ANOS: O PAPEL QUE NON SE MOLLA
-1º DE PRIMARIA: PRINGUE DE MAICENA
-2º DE PRIMARIA: O SON
-3º A DE PRIMARIA: ARCO DA VELLA NUN VASO
-3º B DE PRIMARIA: UN OVO NA BOTELLA
-4º DE PRIMARIA: NAVE A PROPULSIÓN 
-5º A DE PRIMARIA: PLUVIÓMETRO
-5º B DE PRIMARIA: ANEMÓMETRO E VELETA
-6º DE PRIMARIA: SERPE SALTARINA

Cada neno ou nena tivo que formar parte dun equipo no que tiña que facer e contar como era o seu experimento, pero ademais puido aprender doutros equipos que preparaban experimentos diferentes  os deles.
Grazas a todos.

NON É MAXIA , É CIENCIA.



















martes, 30 de maio de 2023

OBRADOIRO DE RADIO

Os nenos de 5º de Primaria participaron nun obradoiro na nosa radio.
Este obradoiro estivo organizado en 3 partes.
A 1º parte foi unha práctica coa edición de audio audacity para aprender a editar un audio, engadir música e exportalo a . mp3. Ademais de gardar o proxecto.
A 2º parte foi enfocada ao uso da voz ante o micro, vocalización interpretación e creación de guión.
A 3º parte  os nenxs fixeron un programa de radio que foi gravado en . mp3.
Foi unha actividade divertida e moi interesante para todoxs.