Pataquinha

Pataquinha
Amosando publicacións coa etiqueta SETE MARAVILLAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SETE MARAVILLAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018: ENCONTRO DAS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO


O pasado venres 9 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP Cabanas, e este ano dun xeito moi especial, cun encontro dos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: as chinas e chinos da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos e peruanas de Machu Picchu en Cuzco, os exploradores e exploradoras de Petra en Xordania, os mexicanos e mexicanas de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal e os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.

Foi unha xuntanza do máis emocionante, con desfile e baile de cada nivel, moita música e bo humor. Neste vídeo podedes ver un resumo do que foi esta festa de entroido na Casa Verde, moi pretiño do cole.



Tamén fixemos algunhas fotografías, podedes velas nas seguintes animacións.


 Se querdes velas unha por unha e descargalas, podedes facelo no seguinte enlace.

Ata a próxima familias!

luns, 4 de decembro de 2017

AS 7 MARABILLAS DO MUNDO

Esta fin de semana chegounos unha mensaxe en forma de vídeo da nosa mascota da biblioteca, Pataquiña Pirata, agradecendo todo o traballo de investigación que estades a facer nos distintos niveis sobre as fotografías que deixou nas vosas aulas. 

Resulta que... Estamos ante as 7 marabillas do mundo moderno! Sen a vosa axuda, Pataquiña nunca sabería que as fotografías son destes lugares máxicos sobre os que estades a pescudar. Agora convídavos a seguir axudándolle nesta misión, pois precisa descubrir máis cousas sobre estas construcións tan especiais. Quen as fixo?, Cando se construíron?, Para que servían?... 

Aquí deixámosvos o vídeo de Pataquiña, que está moi feliz de contar coa vosa axuda. Parece que se colaboramos xuntos, todos e todas, poderemos chegar ao final deste misterio.
Pataquiña Pirata e as 7 maravillas from Alba Blanco on Vimeo.