Dende o 27 de Febreiro ata o 28 de Marzo, celebrase no Pazo de Cultura de Pontevedra baixo o título "Da ciencia a ficción" o XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil.
Para consultar o programa de actividades podedes facer clic aquí.
Hoxe rematou o entroido no noso cole. Nenos e maiores despedímonos de Cabanón. Despois de recitar as coplas queimámolo e fixemos unha festa rachada con baile incluido.
Xa está a piques de chegar o entroido e con el a troula, os disfraces, as comidas típicas... Para empezar a pasalo ben: O Lúns empezamos o entroido e unha garabata me poño. Nenos e nenas xa sabedes mañá de garabataaaaaaaaaaaa E se non tedes, aqui vos queda este video para aprender a fecer unha.
A celebración da paz foi este ano moi divertida.
Ademais de participar no lipdub coa canción "Está permitido" , tamén cantamos en inglés á paz e fixemoos unha actuación musical coas flautas interpretando o Himno da alegria de Beethoven.