O Venres día 29 celebramos todos xuntos o día da Paz.
Todos os nenos do cole, coa axuda do profe Gonzalo escribimos e puxemos música a esta bonita canción que fala de igualdade: "Xuntos no camiño"
Cantade con nós !!!
Ademais durante toda a semana xuntámonos na biblioteca e nas clases e, grazas os nenos de 6º de Primaria que foron os que elaboraron un Power Point das "Patronas mexicanas", puidemos aprender máis cousas destas mulleres e da súa xenerosidade
O vindeiro día 30 de Xaneiro celébrase o día escolar pola Paz e a non violencia. Para conmemoralo , este ano imos recordar e homenaxear a "Las Patronas mexicanas", persoas que desenrolan unha importante labor humanitaria ao servizo dos emigrantes indocumentados que atravesan o territorio mexicano no paso cara aos Estados Unidos. Ver documentalAquí
Ademais Pataquiñas quere que escoitedes atentamente esta canción e que reflexionedes coa súa letra.