Pataquinha

Pataquinha

venres, 31 de outubro de 2014

SAMAÍN

Estas son algunhas das actividades que fixemos para celebrar o Samaín:
Contacontos de medo




Obra de teatro "A bruxa Tapita"



Contos de medo




Bailes con terror




QUITAMEDOS

Antes de que chegase o Samaín os nenos e nenas de Cabanas quixeron  quitar os seus medos facendo uns QUITAMEDOS.
Estes son algúns dos medos que votaron fóra.



mércores, 29 de outubro de 2014

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS

O mes de Outubro é o mes das bibliotecas.
Este curso dende a biblioteca queremos despertar o interés polas matemáticas e por eso elaboramos un mural no que todos os nenos e nenas nos contaron o importante que é as matemáticas na sua vida diaria e como a utilizan.
Mirade que respostas tan interesantes...








Ademais aqui vos deixamos este conto dos bolechas para saber como é unha biblioteca

domingo, 26 de outubro de 2014

OUTONO E SAMAÍN

Este tempo outonal é perfecto para pasar a tarde lendo.
Achégate a biblioteca e escolle un libro de bruxas, terror ou pantasmas porque xa chega o Samaín.


E se queres podes tamén leer no noso saloncito do medo.
Mirade que acolledor!!!


E para aprender cousas do Samaín non soio se lee tamén se pode xogar...con este LIM
premer       LIM




premer  LIM  Marcelina e a noite do samaín



OS NOVOS VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA

Pataquiña está ben contento de poder contar este curso con tantos e tan bos colaboradores. Moitas grazas


mércores, 22 de outubro de 2014

COMO SE TALLA UNHA CABAZA?

Chicos e chicas do cole de Cabanas!!!
Estes últimos días o cole está a cambiar moito.
Todo está terrorificamente ambientado porque vai vir o Samaín.
Durante a próxima semana Pataquiña quere propoñervos a vosa participación unha vez máis coas cabazas decoradas. Pódense facer de calquera temática, polo que o campo está aberto para a imaxinación.
Aquí vos deixamos unhas proposta de como se tallan.



xoves, 9 de outubro de 2014

ORDENANDO A BIBLIOTECA

Pataquiña quere agradecer o traballo que están a facer os nenos e nenas voluntarios da biblioteca.
Levan uns días axudando a ordenar os libros e xa son uns grandes bibliotecarios.
Moitas grazas.



luns, 6 de outubro de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!

Biblioteca escolar...matemático!!! é o lema elexido este ano para o cartel da campaña de comezo de curso nas bibliotecas escolares galegas.
Nesta ocasión o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.

BENVIDOS O CURSO 2014-15

Pataquinha
Pataquiña  quere darvos a benvida o novo curso escolar.
Xa está aberta a biblioteca en tempo de recreo, pero todavía estamos a preparar e por en orden as mochilas viaxeiras .
Este ano intentaremos que na biblioteca o pasedes ben e que convirtades os libros nos vosos amigos.
Un saúdo