Pataquinha

Pataquinha

mércores, 24 de outubro de 2018

24 DE 0UTUBRO

Hoxe día 24 de Outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares.
O curso pasado iniciamos unha actividade á que chamamos CAIXAS LECTORAS cos nenos voluntarios de 6º de Primaria, e este ano quixemos repetir.
Ademais presentamos algunhas das novidades que pronto estarán preparadas para poder prestar.
Estes días quixemos tamén facer participar os nenos nun concurso para poder inventar un nome á  nosa biblioteca na que sempre está Pataquiña.
Esperamos que sexa moi orixinal e vos guste a todos e todas.















venres, 19 de outubro de 2018

MEDO!!! QUEN DIXO MEDO?

Pataquiña é un pirata e como xa sabedes non lle ten medo a nada.

Na súa longa historia coñeceu a vampiros, pantasmas, bruxas, momias ...
e sempre quixo entrevistarse con algún deles pero,  a pesar de ser moi valente  non o conseguiu nunca.
Por que non o facedes vos? e  entregades a entrevista  na biblioteca para ver como  si sodes capaces de facerlle preguntas interesantes.
Concurso á mellor entrevista.

Resultado de imagen de personajes de miedo


Participantes  nenos de 2º a 6 º de Primaria.
Entregar antes do día 29 de outubro na biblioteca.

Os nenos de 1º e 2º tamén poderan  participar respondendo a pregunta:
Que é o que máis medo lles dá a estas personaxes?
Entregar antes do día 29 de outubro na biblioteca.

xoves, 4 de outubro de 2018

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Hola chicos:
Xa me coñecedes. Son Pataquiña e xa estou outra vez de volta na biblioteca.
Estou moi contento porque grazas ao traballo dos papás e de todos vós, agora tamén estou no patio.





Este curso 2018-19 espero que este cheo de novidades e sorpresas.
Gustaríame que aumentara o número de lecturas e que vos sigan gustando os libros tanto coma a min.
A biblioteca está a punto de abrir as súas portas e pronto vos comunicaremos cal é a proposta para investigar este curso todos xuntos.
Bibliotecas escolares propón: POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA, por eso intentaremos tamén traballar algunhas actividades ao redor da poesía.