Pataquinha

Pataquinha

xoves, 28 de abril de 2016

23 DE ABRIL: APADRIÑAMENTO LECTOR

O Venres, 22 de Abril, celebramos o día do libro.
Os nenos estaban agardando con impaciencia eso de ser padriños e madriñas lectoras.
Os nenos lectores foron os de 3º, 4º, 5º e 6 de Primaria.
Cada un deles recolleu o seu neno nas clases e levouno o lugar escollido para leer.
Puideron utilizar recursos variados. Sobre todo no caso dos máis pequenos os padriños recurriron a títere, cochiños, coxíns...
Todos quixeron facelo o mellor posible e o final resultou ser unha actividade moi agradable para profes e nenos.
Esperamos poder repetila moitas veces.

mércores, 20 de abril de 2016

DEREITOS DOS NENOS A ESCOITAR CONTOS

Todos os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria están a preparar para o Venres un conto porque imos celebrar o día 23 de abril, día do libro, contando contos os máis pequenos.
Mirade e escoitade atentamente este decálogo dos dereitos dos nenos a escoitar contos.

martes, 19 de abril de 2016

FACEMOS UNHA BANDA SONORA

Os nenos e nenas de 5º curso fixeron unha banda sonora seguindo os movementos de Chaplin nesta peza curta chamada "The lion´s cage".
Traballaron os intervalos de 3ª ascendentes e descendentes, a intensidade, a dirección orquestal e o golpe conxunto, con intencións expresivas, empregando a intuición, a atención e a creatividade.

domingo, 10 de abril de 2016

SALON DO LIBRO

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


Moi pronto vai ser o Día do libro e por eso  como todos sabemos que a lectura nos invita a imaxinar debemos ir pensando unha lectura que nos guste para preparar a actividade que imos facer ese día.

                                El día del libro.