Pataquinha

Pataquinha

xoves, 29 de outubro de 2020

SAMAÍN

 Chega o Samaín , e ainda que non o imos celebrar da misma maneira ca outros anos, nada nos vai impedir divertirnos co medo.

Sempre celebramos un concurso de cabazas que xa é un clásico e nesta ocasión non vai poder ser pero este Venres imos disfrazarnos e cantar, xogar e disfrutar de moitas das actividades organizadas nas aulas.

Xa estamos a decorar portas, preparar disfrazes, contar contos de bruxas, vampiros, monstruos...

E mañán seguireivos contando.

















domingo, 4 de outubro de 2020

MAFALDA


 Morreu Quino, o debuxante e creador de MAFALDA.

Mafalda é a nena protagonista dunhas historias publicadas entre 1964 e 1973.

En 2014, cando MAFALDA   cumpriu 50 anos, Quino recibiu o premio Principe de Asturias. 

Premer aquí para ir á  biblioteca MAFALDA

Pinchando nos libros dos estantes podes ler o que máis che guste.




xoves, 1 de outubro de 2020

PROTOCOLO BIBLIOTECA 2020-21

 Chegou o momento de voltar!!!



O equipo de biblioteca está a preparar todo o necesario para que pataquiña poida estar con vos e a biblioteca poida funcionar.

Este ano será algo diferente, pero non podemos deixar de ler e de recivir as vosas visitas.

Este vai ser o protocolo de biblioteca para o noso centro.

1- A biblioteca permanecerá pechada nos tempos de recreo mentras se manteñan as medidas do protocolo Covid 19 e ata novo aviso.

2-Realizaranse prétamos semanais de forma habitual co tutor, establecendo un horario para cada aula.

3-Non se poderán utilizar os xogos con pezas pequenas nin xogos de mesa

4- Desinfectaremos o posto de traballo ao entrar e ao sair.



5- Ventilaremos tras cada sesión.

6-Teremos que levar sempre a mascarilla posta.


7-Desinfectar as máns antes e despois de entar na biblioteca.



8-Respetar a distancia de seguridade



9-Aforo máximo de 14 persoas.

10- O material devolto permanecerá 1 día de corentena nas caixas.



11- Priorizaremos as bibliotecas de aula, dotando estas de fondos que poderán rotar  coa correspondente corentena e desinfección.


XEOGRAFIAS LECTORAS




 Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

Aquí vos queda o video de cómo o  fixo Bea Lema.