Pataquinha

Pataquinha

venres, 25 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO

                           Resultado de imagen de stop ni una menos


O día 25 de Novembro celebramos o día contra a violencia de xénero.
Uns días antes desta data estivemos lendo contos, debatendo e tamén fixemos un mural no que tódolos  neno manifestaron  cun texto e un dibuxo que era para eles a igualdade.

                                       







martes, 22 de novembro de 2016

RECURSOS PARA O 25 DE NOVEMBRO.





Pataquiña fixo para vos unha recolección de libros relacionados con esta celebración.
Aquí a deixamos:





Ademais podedes ver estes videos que vos van permitir traballar contra a violencia de xénero.
É un video no que as nenas e nenos explican as razóns polas que rexeitan a violencia de xénero e a necesidade dunha relación de igualdade entre sexos .




E neste podedes ver o conto "Los hombres no pegan", e os pensamentos e aprendizaxes que fai o alumnado despois da súa lectura





Intenta ti agora respostar tamén a estas preguntas:
Que farías se ti foses Álex?
Que farías se  un amigo/a teu estivera sufrindo unha situación de violencia?
Despois de ter escoitada a historia. Que sentiches?



domingo, 20 de novembro de 2016

20 DE NOVEMBRO

20 DE NOVEMBRO " DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS"
Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito a saúde , a educación e a protección independentemente do lugar do mundo no que o neno nace.



Resultado de imagen de 20 de n0viembre derechos de los niños

Con estas actividades LIM tódolos nenos quixemos recordar os 10 dereitos básicos que todos nós debemos coñecer:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabanas/aulavirtual/file.php/2/Dereitos_dos_nenos_2016/Dereitos_dos_nenos_PRIMARIA/dereitos_dos_nenos_2_o_ciclo.html

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabanas/aulavirtual/file.php/2/Dereitos_dos_nenos_2016/Dereitos_dos_nenos_INFANTIL/e_infantil_dereitos_dos_nenos_ceip_cabanas_2016.html



sábado, 19 de novembro de 2016

CASTELAO VOLTA A SALCEDO!

O venres, os nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria fixeron unha visita teatralizada ao patrimonio cultural de salcedo guiada polo propio Castelao.
Foi un paseo de 4 Km. polo patrimonio de Salcedo lembrado por Castelao no seu libro Sempre en Galiza.
Patrimonio arqueolóxico:
Castro dos Penedos e Petróglifos de Pozo da Vilar de Matos.
Patrimonio histórico artístico:
Ermida de San Brais, Igrexa de San Martiño de Salcedo, Pazo de familia de la Sota.
Patrimonio histórico:
Cemiterio de Salcedo, antiga Casa do Concello de Salcedo , Casa de Sociedade de Agricultores de Salcedo.
Ptrimonio etnográfico:
Fonte de Pamouro, Cruceiro de Tarabelo.
Patrimonio natural:
Ribeiras do Río Gafos, Eucalipto monumental de matalobos.
Patrimonio inmaterial:
Lendas e crenzas da parroquia.

POLO CORREO DO VENTO

O xoves na biblioteca tivemos un obradoiro de contos e debuxos baseado no libro de "Polo correo do vento", o poeta do Miño , unha homenaxe a Manuel María.
Enrique Mauricio relatou o conto e Carlos Taboada fixo unha ilustración mural vinculada ao texto.






Para rematar, coas directrices de Carlos Taboada, as nenas e nenos dibuxaron a Manuel María.


HORA DE LECTURA

O martes saíron da biblioteca as caixas preparadas polo equipo de biblioteca para a hora de ler.
É unha selección de materiais atractivos e variados, poesia, ficción cociña, natureza, música, comics...

COIDADE DOS LIBROS E GOZADE DA LECTURA.





martes, 15 de novembro de 2016

CARTA DE PATAQUIÑA

Bueno chicos!!!
Xa é hora de explicarvos por qué vou vestido así.
Sí, tendes razón. Son un superheroe  e os superheroes,  ás veces existen na realidade pero onde máis aparecen é no cine, nos contos, na literatura e nos cómics.
Si, si os cómics.
Sabedes o que son? A min encántame leelos e gustaríame ser o protagonista dun deles.
A partir de agora quero que vos informedes ben para saber qué é un cómic e cómo se fai e vos animedes a facelos .
Para axudarvos un pouco tendes posto no expositor da biblioteca algúns e tamén unha caixa con recursos para os profes.
Ata pronto

                          Resultado de imagen de comics

sábado, 12 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

Coa chegada do frio e da choiva chegou o Magosto. É tempo de castañas e por eso no cole de Cabanas non podíamos deixar de celebrar esta data tan esperada por todos nós.
Pasámolo Xenial.
Grazas os nenos de 6º e 5º pola sua colaboración como monitores dos xogos.
2016">Magosto 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

EXPOSICIÓN FROITOS DO OUTONO

Esta é a exposición que fixemos no "saloncito" con froitos de Outono.
Grazas a tódolos nenos que participaron, e os seus papás pola axuda prestada.





mércores, 9 de novembro de 2016

CONCURSO CONTOS CURTOS


Resultado de imagen de imagenes de cuentos de monstruos

Aproveitando o traballo feito cos monstruos do Samaín , Pataquiña proponvos un concurso de contos curtos no que podedes contar qué lle sucede ó voso monstruo.El será o personaxe principal.
Non perdades tempo e comezade xa.
Unha vez feito,  tedes que entregalo na biblioteca antes de que remate o mes de novembro. 
Aqui vos queda este video para que vos axude un pouco.
Premer 

CHARLA E EXPOSICIÓN DE SETAS

Nesta semana tivemos a visita de Amancio, un colaborador de Vaipolorío, que nos ensinou e contou cousas moi interesantes das setas.
Puidemos coñecer moitas variedades diferentes e tamén algunha velenosa.











mércores, 2 de novembro de 2016

QUE LEVO NA MÁN?







Xa sabemos que Pataquiña vai vestido de Superheroe.
Esta é a segunda pista que nos dá pero aínda  seguimos sin saber ben qué está a facer e qué quere.








SEGUIDE ATENTOS

martes, 1 de novembro de 2016

SAMAÍN

Coa chegada do Samaín non soio quixemos disfrazarnos, ver pelis de medo, decorar cabazas ou ler lecturas terroríficas.












Ademais inventamos monstruos os que lle puxemos nome,lugar de vivenda, que era o que máis lle gustaba e a que lle tiñan medo.