Pataquinha

Pataquinha

martes, 5 de xuño de 2018

DOCUMENTAL DAS 7 MARABILLAS

Presentámosvos o documental feito por todos os nenos e nenas do cole sobre as 7 marabillas do mundo moderno, despois de facer un exhaustivo traballo de investigación durante o segundo e terceiro trimestre. 

Grazas Pataquiña pola túa colaboración, disfrutamos moito facéndoo. Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo.

 

luns, 4 de xuño de 2018

GUÍA DE LECTURA DE VERÁN



Ainda falta un pouquiño para que chegue o verán, pero aquí vos quedan algunhas recomendacións para pasar un tempo divertido na compañia dos libros.




domingo, 3 de xuño de 2018

RECÍCLATE CON SOGAMA

Durante este curso estivemos a traballar un proxecto de centro sobre reciclaxe.
Para a sua elaboración, ademais da información que recibiron os nen@s por parte de SOGAMA, tamén fixeron outras cousas como:
-Colocación das "illas " de reciclaxe.
-Reutilización dos diversos materiais de refugallo.
-Esperimentos.
-Aprender a clasificar o lixo
-Xogar.

-Investigar sobre plásticos.
-Difusión da información  que aprendimos entre alumnos .
-Exposición no cole de todo o que aprendimos e dos materiasis elaborados polos nen@s, pais e nais.



















O ALUMNADO DE 5º FIXO UN TRABALLO SOBRE OS PLÁSTICOS QUE PODEDES VER AQUI


CLUB DE LECTURA

Estes son os nenos de 5º e 6º de Primaria que están a participar no club de lectura da bibioteca.
Este curso o equipo de biblioteca decidiu facer tres grupos de 5ºde 5º de primaria  e tres grupos de 6º de primaria.
As lecturas están sendo as seguintes:
5º P.  - LOS PROTECTORES
         - AS BRUXAS
         - BILLY ELLIOT


6º P. -PALABRAS DE CARAMELO
        - NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES
        - GRACIAS A WINN-DIXIE