Os nenos de 4º de Primaria interpretaron para os nenos de infantil a obra de teatro "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis" Fixeron dous equipos e repartiron as actuacións para os nenos de infantil e os de primeiro ciclo de primaria.
Este ano celebramos o Samaín dunha maneira moi especial e tamén emotiva.
Os nenos de 5º de primaria quixeron representar coa axuda e dirección de María, unha profe do equipo de biblioteca, a obra de teatro "Corre, corre cabaciña" que xa representaron fai 6 anos cando eles tiñan 4 anos.