O Samaín xa chegou e cos nenxs disfrazados e o cole ben decorado moitas foron as actividades que se organizaron para pasar un día de medo e terror.
Empezamos a xornada cos talleres terrorificos.
O taller de cociña onde os nenxs fixeron arañas e pantasmas.
O taller de pócimas con brevaxes asquerosos.
O taller de manualidades para crear unha pantasma.
Estes talleres foron organizador polas profes Ana. Eva, Helena e Lucia e contaron coa axuda dos nenxs de 6º de primaria.
Ademais destes talleres os nenxs de 6º tamén fixeron de contacontos " Lecturas de terror".
Finalizamos o día coa exposición de cabazas con temática deportiva e de medo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario