Pataquinha

Pataquinha

xoves, 27 de febreiro de 2020

FESTEXAMOS O ENTROIDO

Na festa do entroido pasámolo moi ben. 
Dende o noso cole fomos en autobús para a Casa Verde onde fixemos as actuacións.
Cando  rematamos  volvimos ao cole para queimar a Cabanón e recitarlles as coplas feitas nas clases polos nen@s. 








Resultado de imagen de aplausosResultado de imagen de aplausos


martes, 18 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020


Cabanón xa está outro ano máis no cole de Cabanas  acompañándonos no entroido.
Toda a semana vai ir recordándonos o que temos que traer :
Lúns- algo na cabeza
Martes- algo  no pescozo
Mércores- pixama
Xoves- algo na cabeza, pescozo e pixama
Venres- disfraz do entroido 




luns, 17 de febreiro de 2020

NOVIDADES DE ALIMENTACIÓN E HORTA

PILABOT

Imos axudar a Pilabot a cumplir unha misión:


-Recoller pilas e baterias usadas
O centro que máis pilas recolla terá premio.

Aquí están os contenedores 





ORBIL

                       
O noso amigo ORBIL chegou ao noso cole.
Quixo facer uinha visita e saber o que estamos a facer para o Salón do Libro na edición 21( O HUMOR )



                                            



                                           

xoves, 13 de febreiro de 2020

DIA DA PAZ ESCOLAR

A pesar de que  o  tempo non nos acompañou disfrutamos este día
 "CANTANDO TODOS XUNTOS POLA PAZ"




venres, 7 de febreiro de 2020

PLASTIQUINA

Plastiquina chegou a Cabanas!!!

                      


Plastiquina foi creada para despertar en todo@s a conciencia de respecto cara o medio ambiente, especialmente en canto ao uso dos plásticos .
E  a mascota do proxecto DESPLASTIFICATE  impulsado en colaboración coa UNESCO.
Ela naceu nunha isla de plástico formada nun xiro oceánico do Pacífico Norte e vai os centros educativos cunha carta de socorro e un envase.
Nesa carta de socorro aparecen os datos para que os nenos e as nenas investiguen e averigüen qué está pasando e por qué pide axuda.
PLASTIQUINA, neste caso,  veu acompañada dos nenos e nenas e do director do colexio de Campolongo e o chegar aquí foi recibida na biblioteca con moita felicidade.
Esta é a poesia coa que recibimos a PLASTIQUINA.