Pataquinha

Pataquinha

luns, 3 de decembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE





O día 3 de Decembro é o día internacional das persoas con discapacidade.
Os nenos e nenas de educación infantil quixeron sensibilizarse e apoiar coa elaboración deste video os dereitos de todos eles.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

luns, 26 de novembro de 2018

20 DE NOVEMBRO E 25 DE NOVEMBRO. A VACINA DO BO TRATO

Este curso decidimos xuntar as dúas datas e identificar a violencia   como un problema social que podemos previr comprometéndonos a construir unha contorna de paz, bo trato e non violencia.
Despois de reflexionar sobre a violencia que nos afecta a todos e ben definidos cales son os problemas de violencia, cada clase elaborou un violentovirus o que lle puxeron nome.
Despois crearon a vacina coa que poder loitar e acabar coa violencia no mundo.
Ademais os nenos e nenas acordaron un compromiso e petición sobre a non violencia e o bo trato.



Resultado de imagen de non violencia
















sábado, 24 de novembro de 2018

A CONTACONTOS, OLGA CUERVO




O pasado venres tivemos a sorte de recibir a visita da contacontos Olga Cuervo.
Pasamos un momento divertidísimo escoitando as súas historias.
Moitas grazas Olga 





luns, 19 de novembro de 2018

CONCURSO: PONLLE NOME A BIBLIOTECA DE PATAQUIÑA

Ola a todos
Estes son finalmente os dous nomes escollidos como finalistas para representar a nosa biblioteca.
Escollede o que máis vos guste e o equipo de biblioteca faremos o reconto para saber cal é o gañador.



PATATECA  E BICOCA

MAGOSTO 2018: VENRES DE CASTAÑAS

O venres celebramos no cole a gran festa do Magosto! É un día moi especial, porque son os nenos e nenas maiores do último curso da Primaria quen organizan xogos populares para todos os públicos. Este ano, ademais dos xa clásicos zancos, circuito de obstáculos, bolos, o tragacastaña ou a mariola, tamén houbo obradoiro de maquillaxe e baile. Menudo éxito! 

Tamén fixemos merendola de castañas asadas, puxémonos as botas! E co bo día de sol que fixo gozouse da mellor maneira posible, ata houbo baile libre despois da castañada. Desexando repetir para o ano! Deixámovos algunhas fotografías para que vexades como o desfrutamos.


Maquillaxe
































Xogo de baile

















 Outros xogos

















Á rica castaña

















Todas as fotografías dispoñibles neste enlace.

mércores, 7 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

O mércores, 31 de Outubro celebramos un ano máis o Samaín no cole.
Fixemos moitas actividades: os máis pequenos aprenderon a controlar os seus medos a través do conto:
"Fiz, o coleccionista de medos" y parodiaron o cadro " El grito" de Munch.









Ademais, entre todos escollemos a cabaza gañadora



 e entregamos os premios a mellor entrevista  de medo.



Estes son todos os gañadores.


CLAUDIA, YASMINA, CANDELA, MABEL SABELA, NATALIA Y ALEJANDRO

Moitas grazas pola vosa participación.
Un saúdo terrorífico de Pataquiñas.

A ENERXIA


 A semana pasada asistimos a unha actividade ben chula.
Un trailer de Repsol instalouse no noso centro para explicarnos, a través de xogos, cales son as fontes de enerxía que nos ofrece a natureza, como se transforman eses recursos e sobre todo a importancia de facer un uso responsable deles para construir un futuro máis sostible.
Quedounos claro que "a enerxia non se crea nin se destrúe, só se transforma". Nas nosas mans está o bo uso que fagamos dela para preservar o planeta terra.



















mércores, 24 de outubro de 2018

24 DE 0UTUBRO

Hoxe día 24 de Outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares.
O curso pasado iniciamos unha actividade á que chamamos CAIXAS LECTORAS cos nenos voluntarios de 6º de Primaria, e este ano quixemos repetir.
Ademais presentamos algunhas das novidades que pronto estarán preparadas para poder prestar.
Estes días quixemos tamén facer participar os nenos nun concurso para poder inventar un nome á  nosa biblioteca na que sempre está Pataquiña.
Esperamos que sexa moi orixinal e vos guste a todos e todas.