Pataquinha

Pataquinha

martes, 5 de decembro de 2023

XOGOS PARALÍMPICOS

Grazas aos nenxs de 6º de primaria e tamén o profe José Luis por estes xogos paralímpicos.

Por demostrarnos a  todoxs a importancia do deporte paralímpico e  da superación e esforzo destes deportistas.

XOGOS:

BÁDMINTON

VOLEIVOL

CARREIRA 

PETANCA

FOOTBALL












venres, 1 de decembro de 2023

XOGOS PARALÍMPICOS


O vindeiro Domingo día 3 de decembro é o dia internacional das persoas con discapacidade.
O día 4 de decembro no cole imos facer uns xogos paralímpicos.
Os nenxs de 6º de Primaria faran unha pequena demostración da importancia que teñen estos deportistas que loitan contra moitas barreiras e con dificultades como son a falta de visión, amputacións de extremidades...
Os xogos serán.
-Badmintón
-Voleibol
-Carreiras
-Football
-Petanca




 

luns, 27 de novembro de 2023

MERECES UNHA MEDALLA

                           

Baixo o lema " Mereces unha medalla se "

Os nenos e nenas quixeron expresar e representar moitas das verbas e accións positivas que se deberían facer para evitar a violencia.

25 NOVEMBRO. Día contra a violencia de xénero

 

                                  









venres, 24 de novembro de 2023

25 DE NOVEMBRO

O 25 de Novembro , celebramos o día contra a violencia de xénero.

Levamos toda a semana lendo contos, debatendo e tamén faremos un mural no que todos os nenxs estan a participar. 

Queremos que homes e mulleres se respeten e se queiran.

"É IMPORTANTE DETECTAR A DESIGUALDADE PARA LOITAR CONTRA ELA"

Aquí vos deixamos un banco de recursos recompilados por outros centros.

Grazas por compartir.

 Clicar aquí cpidacañiza


          POR SIEMPRE JAMÁS, EL CUENTO DE SIEMPRE


EL PRINCIPE CENICIENTO




Recurso de contos  na nosa biblioteca:


Recursos musicais


martes, 21 de novembro de 2023

20 DE NOVEMBRO DE 2023

 Fai 60 anos, 0 20 de Novembro de 1959, 78 paises que formaban a Organizaciñin das Nacións Unidas, aprobaron por unanimidade o que hoxe se coñece como declaración dos Dereitos dos Nenos.

Os menores de idade son a riqueza do futuro e os adultos deben preservar a sua integridade e felicidade.

Con este día e con motitas das actividades que se fan queremos recordar que os nen@s teñen dereito a saúde, educación, protección, ter un nome, unha casa ...

Todo esto  independentemente do lugar do mundo no que nacen.


Esta foi a exposición de lecturas recomendadas para saber máis:

ç




domingo, 12 de novembro de 2023

MAGOSTO 2023

O pasado venres, 10 de novembro, celebramos o MAGOSTO no  cole.

Ademais de comer castañas asadas,  tamén pasamos un día moi divertido xogando aos xogos populares que nos prepararon o profe José Luis e os nenxs de 6ºde Primaria.

Moitas grazas.

XOGOS MAGOSTO 23 

-Castaña equilibrista

-Senda dos elefantes

-Plinko

-Ascensor de castañas

-Castañas que queiman 

-Os botes

-Super birlos

-Pesca castañas

-Hockey castaña

-Encesta castañas

-Os aneis

-Bota e rebota
























mércores, 1 de novembro de 2023

CURTAS PARA O SAMAÍN


Pataquiña quere darvos as grazas a todxs os que participastes  nesta actividade!

Grazas polo voso esforzo.



CURTO 1   CURTO DE NUNO, ROI E BREIXO

CURTO 2   CURTO DE LOAIRA, ZOE E OLIVER. NOME : SAMAÍN

CURTO 3   CURTO DE MARÍA

CURTO 4   CURTO DE CARLOTA E NICO

CURTO 5   CURTO DE MARISA MOSQUERA. NOME: HABELAS HAINAS

CURTO 6   CURTO DE HENAR.  NOME: A NENA DA FINCA MALDITA

FESTA DO SAMAÍN 2023

O Samaín xa chegou e cos nenxs disfrazados e o cole ben decorado moitas foron as actividades que se organizaron para pasar un día de medo e terror.

Empezamos a xornada cos talleres terrorificos.  

O taller de cociña onde os nenxs fixeron arañas e pantasmas.

O taller de pócimas con brevaxes asquerosos.

O taller de manualidades para crear unha pantasma. 

Estes talleres foron organizador polas profes Ana. Eva, Helena e Lucia e contaron coa axuda dos nenxs de 6º de primaria.

Ademais destes talleres os nenxs de 6º  tamén fixeron de contacontos " Lecturas de terror". 

Finalizamos o día coa exposición de cabazas con temática deportiva e de medo.






martes, 24 de outubro de 2023

O SAMAÍN 2023

Bevidos ao Samaín

                                          


                           

O Samaín é unha festividade de orixe celta máis importante do periodo pagán que dominou europa ata a súa conversión ao cristianismo.
A sua etimoloxía é gaélica e significa " fin do verán". Celebráse ao final da tempada das colleitas. Era considerado como o "ano novo" celta que comezaba coa estación escura. Esta data era o 31 de outubro no hemisferio norte e o 1 de maio no hemisferio sur. Era unha das noites dos espíritus, sendo a outra Beltane.

Estas son algunhas das actividades que faremos na escola estes días.
1. Exposición de cabazas, preferentemente con temática de medo ou tamén deportiva.
2. Exposición de adornos de outono ( con follas, pauciños, landras, castañas...)
3. Curtas polo Samaín en galego.
Esta actividad consiste en gravar un pequeno video de, como minimo un minuto de duración e non máis de 5 minutos, no que se fale en galego con temas do Samaín.

Podese facer en familia, c@s amig@s do cole, individuais, con disfraces, obxectos de medo...

Empregade  a imaxinación.
Animádevos a participar para celebrar o Samaín dun xeito divertido e creativo!!!
Aquí vos quedan tamen un chea de RECURSOS SAMAÍN
Grazas a todas as persoas que elaboran estes recursos e os comparten. 


 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 de Outubro celebramos novamente o día das Bibliotecas Escolares.

Como tódolos anos os nenxs voluntarios da biblioteca repartiron as mochilas viaxeiras, os itinerarios lectores e tamén a carta presentación do P.D.I  deste curso 2023-24 "As Olimpiadas de Cabanas".

                         

















Así que a partir de hoxe xa podemos empezar a aprender e xogaaaaar.