O vindeiro 8 de marzo conmemórase o día internacional da muller traballadora. Na biblioteca do CEIP Cabanas unímonos a celebración dese día e ofrecémosvos os seguintes recursos elaborados por o CPI da Cañiza e outros centros educativos: (PINCHAR AQUÍ):
Empeza a conta atrás para chegar ao Salón do Libro!!! a nosa "Fontede Cabanas", xa chegou ao Pazo de Cultura e está esperando a ser colocadano seu lugar xunto cos traballos dos outros coles.
No Pazo da Cultura de Pontevedra, unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil dará comezo o vindeiro sábado día 2 e permanecerá aberto ata o 23 de marzo. A entrada é gratuíta e a maioría das actividades que se realizarán tamén. O programa xa se pode consultar clicando aquí. O horario de apertura será: De luns a venres de 17.00 a 20.30h; sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30h. Este ano o tema central serán asmáquinas:…“inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.”… “A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos.”…
A Real Academia Galega, no mes de Febreiro, elexiu aFina Casalderrey como académica numeraria.Conta entre outros cun premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. E mestra, e ten unha ampla producción literaria
Máis de 100 centros educativos de toda Galicia fixeronse eco da noticia nos seus bloges e nós non queremos ser menos
Rosalía de Castro naceu tal día coma hoxe (24 de febreiro de 1837) en Santiago de Compostela, e morreu en Padrón en 1885. Coa súa obra poética, Rosalía de Castro converteuse no símbolo do Rexurdimento da lírica galega, ademais da mellor representante en lingua castelá da poesía romántica tardía, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer.
O VINDEIRO, 24 DE FEBREIRO SERÁ O DÍA DE
ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da
publicación do seu
libro "CantaresGallegos" (1863-2013), por iso Pataquiñas quere que escoitedes alguna
destas músicas con
poemas de Rosalia , como por exemplo “Adiós
ríos, adiós fontes”.
Adiós ríos; adiós, fontes;
/ adiós, regatos pequenos; / adiós vista dos meus ollos: / non sei cando nos
veremos. / Miña terra, miña terra, / terra onde me eu criei, / hortiña que
quero tanto, / figueiriñas que prantei, / prados, ríos, arboredas, / pinares
que move o vento, / paxariños piadores, / casiña do meu contento, / muíño dos
castañares, / noites craras de luar, / campaniñas trimbadoras / da igrexiña do
lugar, / amoriñas das silveiras / que eu lle daba ó meu amor, / caminiños entre
o millo, / adiós, para sempre adiós! / Adiós groria! Adiós contento! / Deixo a
casa onde nacín, / deixo a aldea que conozo / por un mundo que non vin! / Deixo
amigos por estraños, / deixo a veiga polo mar, / deixo, en fin, canto ben
quero... / Quen puidera non o deixar!...
Os nenos
de infantil e de 1º ciclo tivemos a agradable visita do autorAnxo Mourena biblioteca.
A
historia que nos veu a narrar está situada entre a "Serra do Faro e o
manso do Miño" e pretende ensinar os nenos unha forma práctica e
sinxela de plantar árbores utilizando botellas vellas.
Inacio Vilariño visitou aos nenos de 2º e 3º Ciclo e contoulles as suas divertidas "Historias de burros".