Aquí está xa o video montado con todo o traballo que os nenxs fixeron despois de escoitar a canción "Yo tengo un sueño" Hinno oficial da escola de cultura de Paz 2022.
Ninguén verá o racismo se nos quedamos en silencio
e si o ignoramos non deixará de ser violento.
USEMOS AS NOSAS VOCES CONTRA O RACISMO
VIVAN ASDIFERENTES CORES
Os nenxs de 3º e 4º de Primaria contando os pequenos de Infantil cun Kamishibai o conto da vida de Martin Luther king.
Este ano e a pesar dos inconvenientes de última hora celebramos o Nadal en Cabanas cuns traballos estupendos e aquí volos mostramos.
Preparamos as cartas aos Reis de Oriente.
Fixemos unhas estupendas postais de Nadal
E entre todas escollimos as que representan ao cole na felicitación de Nadal de este ano.
Decoramos as portas das clases
Preparamos unhas estupendas panxoliñas na clase de música
Pero o mellor de todo foron os traballos aportados polas familias.
Chegaron ao cole unha morea de adornos de Nadal feitos de plásticos reutilizados que formarán parte do noso proxecto "DESPLASTIFICATE"
GRACIAS familias!!!
Como hoxe foi o derradeiro día do ano escolar, celebramos "As Badaladas de Cabanas", aínda que eso sí con pouca festa, pero estabamos todxs moi elegantes.
Ahhhh ... e recibimos unha mensaxe moi especial de Papá Nöel, que aínda que non puido vir ao cole nos mandou moitos agasallos para todas as clases.
GRACIAS a Papá Nöel e aos seus axudantes!!!
Agora solo nos queda desexarvos BO NADAL e ANO NOVO sobre todo ás familias que por un motivo ou outro están confinadas na casa e teñen que pasar as vacacións de xeito diferente.
Un ano máis comeza o "SALÓN DO LIBRO", este ano co tema "MULLERES DE CONTO".
O cole de Cabanas participa coma sempre cun traballo estupendo feito polo nosos alumnado.
E todo o cole visitaremos o salón o vindeiro LUNS 9.
Xa vos mostraremos o ben que o pasamos, cos obradoiros que nos teñen preparados.
Pero hai tantas cousas que ver que é o plan ideal para pasar unha tarde en familia, ademáis de poder disfrutar con actuacións e obradoiros moi interesantes para tódalas idades.
Podedes ter máis información aquí, ou seguilos no seu FACEBOOK.
Hoxe 24 de Outubre, "día das bibliotecas", quixemos celebralo cunha actividade que xa levamos tempo preparando. Os nenos voluntarios de 6º de primaria puxeron en marcha as "caixas lectoras" e sairon o patio con libros para todos. Grandes e pequenos compartiron libros e lecturas. Esta vai ser unha actividade que imos repetir con certa frecuencia e sempre que o tempo sexa bo. BOAS LECTURAS
10 imáxenes que mostran a importancia das bibliotecas
Como o autor deste ano homenaxeado polo día das letras galegas é Carlos Casares e ides ter varias actividades sobre el para o que precisaredes buscar información, aquí tendes varios recursos que vos poden axudar.
Como xa saberedes este ano as letras galegas homenaxean a Carlos Casares.
E como non, una vez máis queríamos plantexarvos un reto.
Sabiades que en Pontevedea, a figura de Carlos Casares forma parte dun grupo escultórico, situado nunha das prazas da nosa cidade?
Busca información, descubre de que lugar se trata, e de paso que paseades pola cidade sacádevos una foro co autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Trae a foto ao cole, ou enviadea por correo electrónico (ceip.cabanas@edu.xunta.es) e faremos una exposición con todas elas na entrada do cole.
Pataquiña invitavos a que participedes nun concurso de conxuros. Nos vindeiros días celebraremos a festa do Samaín e por eso queremos aprender conxuros novos. Os traballos terán que ser presentados en equipos e o equipo gañador recibirá un premio terrorífico e ademais terá a sorte de ser presentado no noso blog de biblioteca como o equipo máis terrorífico de todo o cole. Para que vaiades practicandoPREMER AQUÍ
A Real Academia Galega, no mes de Febreiro, elexiu aFina Casalderrey como académica numeraria.Conta entre outros cun premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. E mestra, e ten unha ampla producción literaria
Máis de 100 centros educativos de toda Galicia fixeronse eco da noticia nos seus bloges e nós non queremos ser menos
Rosalía de Castro naceu tal día coma hoxe (24 de febreiro de 1837) en Santiago de Compostela, e morreu en Padrón en 1885. Coa súa obra poética, Rosalía de Castro converteuse no símbolo do Rexurdimento da lírica galega, ademais da mellor representante en lingua castelá da poesía romántica tardía, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer.
O VINDEIRO, 24 DE FEBREIRO SERÁ O DÍA DE
ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da
publicación do seu
libro "CantaresGallegos" (1863-2013), por iso Pataquiñas quere que escoitedes alguna
destas músicas con
poemas de Rosalia , como por exemplo “Adiós
ríos, adiós fontes”.
Adiós ríos; adiós, fontes;
/ adiós, regatos pequenos; / adiós vista dos meus ollos: / non sei cando nos
veremos. / Miña terra, miña terra, / terra onde me eu criei, / hortiña que
quero tanto, / figueiriñas que prantei, / prados, ríos, arboredas, / pinares
que move o vento, / paxariños piadores, / casiña do meu contento, / muíño dos
castañares, / noites craras de luar, / campaniñas trimbadoras / da igrexiña do
lugar, / amoriñas das silveiras / que eu lle daba ó meu amor, / caminiños entre
o millo, / adiós, para sempre adiós! / Adiós groria! Adiós contento! / Deixo a
casa onde nacín, / deixo a aldea que conozo / por un mundo que non vin! / Deixo
amigos por estraños, / deixo a veiga polo mar, / deixo, en fin, canto ben
quero... / Quen puidera non o deixar!...