Pataquinha

Pataquinha
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 17-18. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 17-18. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de maio de 2018

CONCURSO LETRAS GALEGAS



OLA DE NOVO, AMIGOS
 SON   PATAQUIÑA, E QUERIA DESCUBRIR CON  VOS , INFORMACIÓN SOBRE A AUTORA AO QUE  ADICAMOS O DÍA DAS LETRAS   GALEGAS ESTE ANO   
  Mº VITORIA MORENO



PROPOÑEMOS QUE PARTICIPEDES NUN NOVO CONCURSO  E   ESTAS SON AS NORMAS:
1.· DURANTE O VENRES 4  ,  LUNS 7  E MÉRCORES  9 DE MAIO , IREIVOS FACENDO PREGUNTAS  SOBRE A AUTORA, QUE VOS, DEBEREDES DESCUBRIR.
PARA COÑECER AS PREGUNTAS, TENDES QUE ENTRAR
 NO BLOGUE DA BIBLIOTECA , QUE COMO XA SABEDES CHÁMASE “ALCOUBEBIBLIOTECA”, E ALÍ ATOPAREDES MOITA INFORMACIÓN E ENLACES A PÁXINAS ONDE VEREDES ACTIVIDADES VARIADAS E DIVERTIDAS.
2· CANDO TEÑADES AS TRES RESPOSTAS ESCRIBIDELAS NUNHA TARXETA QUE TEREDES Á ENTRADA DA BIBLIOTECA E METÉDELA NO BUZÓN QUE  HAI  AO LADO.
· 3. O VENRES  DIA 16 AO FINAL DO RECREO, 
SORTEAREMOS UN AGASALLO ENTRE OS 
PARTICIPANTES QUE RESPONDAN CORRECTAMENTE 
ÁS TRES PREGUNTAS.
  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
UN SAÚDO  DO VOSO AMIGO
                                     PATAQUIÑA

venres, 20 de outubro de 2017

CARTA DE PATAQUIÑA




                                 

Ola amigos:
Son  o pirata Pataquiña, supoño que xa me coñecedes,  pero quero presentarme  outra vez máis.
Enriba da mesa da biblioteca acabo de atopar sete fotos de lugares diferentes do mundo e non sei moi ben onde están situados.
Xa sabedes que son moi curioso pero necesito a vosa axuda para resolver esta cuestión e por eso decidín repartir as fotos polas clases do cole coa ilusión de que me poidades axudar. 
 Cando saibades  algo informádeme para despois intentar aprender entre todos.
Esta é a foto que vos toca a vos. Espero a vosa resposta.
Moitas grazas.