Pataquinha

Pataquinha

venres, 30 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ 2015

Co galo da celebración do día da Paz o 30 de xaneiro, no colexio gravamos un lipdub coa canción "Está permitido" de Pablo Alborán. Nel participamos tódolos profesores e alumnos/as do cole.

¡PARABÉNS A TODOS!
E FELIZ DÍA DA PAZ

mércores, 28 de xaneiro de 2015

CADDY ADZUBA

O cole está moi activo estes días e todos estamos a traballar para que o día 30 de Xaneiro teñamos unha boa xornada de paz na escola.
Os nenos de 5º e 6º de Primaria están a explicar na biblioteca con Powers Points elaborados por eles, aos seus compañeiros máis pequenos, a vida e importancia de Caddy Adzuba.





martes, 20 de xaneiro de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO DE ENIGMAS

Pataquiña querevos comunicar o nome dos gañadores do concurso de enigmas.





1º ciclo 2º curso

Lucas
Mateo
Miguel
Alejandro pérez
David Ferrer


6º curso

Unai
Marina



Moitas felicidades.



Estade moi  atentos os gañadores, porque nos vindeiros días Pataquiña  vos ten que informar de que facer para recoller o voso premio.

domingo, 18 de xaneiro de 2015

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ


O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra.


Cada ano conmemoramos este día adicandollo a unha persoa que coa sua labor colaborou para conseguir un mundo mellor.
Este ano a persoa a que llo  adicamos  é Caddy Adzuba 

¿Queres saber quen é? Premer en CADDY ADZUBA


 VER VIDEO PREMER AQUÍ