Pataquinha

Pataquinha

domingo, 31 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021


Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frio.

Tempo de castañas asadas e de moitas tradicións.

O Venres, 29,  celebramos duas festas xuntas o " SAMAGOSTO".

Vampiros, pantasmas, bruxas...bailamos, xogamos e comemos castañas asadas. 

Pero ademais decoramos as portas das clases e fixemos a exposición de cabazas. Todas moi terroríficas e divertidas o mesmo tempo.






















venres, 29 de outubro de 2021

O VAMPIRO DAS CHUCHES

A BRUXA MALVADA

Son días de festa, de susto, de medo de bromas... e tamén de xogar cos contos .

O VAMPIRO DOS CHUCHES E A BRUXA MALVADA son dous contos creados polos nenos de 5º e 6º de Infanti.( Texto e dibuxos)

Ademais contaron coa colaboración dos nenos de 2º de Primaria para facer a lectura.

Oxalá vos gusten😀

domingo, 3 de outubro de 2021

BENVIDOS DE NOVO

 Benvidos e benvidas ao  curso 2021/2022.

O equipo de bibliotecas  e Pataquiña estamos a preparar a proposta de traballo que queremos desenvolver con  tod@S vos .

Estade moi atentos e mentras tanto aquí vos queda o lema de Bibliotecas Escolares para este curso. 




Será esta unha pista?