Pataquinha

Pataquinha

martes, 21 de decembro de 2021

NADAL

 Este ano e a pesar dos inconvenientes de última hora celebramos o Nadal en Cabanas cuns traballos estupendos e aquí volos mostramos.


Preparamos as cartas aos Reis de Oriente.

Fixemos unhas estupendas postais de Nadal




E entre todas escollimos as que representan ao cole na felicitación de Nadal de este ano.


Decoramos as portas das clases


Preparamos unhas estupendas panxoliñas na clase de música


Pero  o mellor de todo foron os traballos aportados polas familias.

Chegaron ao cole unha morea de adornos de Nadal feitos de plásticos reutilizados que formarán parte do noso proxecto "DESPLASTIFICATE"



GRACIAS familias!!!

Como hoxe foi o derradeiro día do ano escolar, celebramos "As Badaladas de Cabanas", aínda que eso sí con pouca festa, pero estabamos todxs moi elegantes.

Ahhhh ... e recibimos unha mensaxe moi especial de Papá Nöel, que aínda que non puido vir ao cole nos mandou moitos agasallos para todas as clases.

GRACIAS a Papá Nöel e aos seus axudantes!!!

Agora solo nos queda desexarvos BO NADAL e  ANO NOVO  sobre todo ás familias que por un motivo ou outro están confinadas na casa e teñen que pasar as vacacións de xeito diferente.

Ánimo!! que seguro o ano 2022  será mellor!


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL





 

luns, 20 de decembro de 2021

AS PANXOLIÑAS DE CABANAS

 Bo Nadal!!!!

O alumnado de Cabanas leva tempo ensaiando unhas panxoliñas para alegrarnos o Nadal.

Ímolas cantar todos xuntos mañá  pero para os que estades confinados na casa ahí vos vai todo o repertorio.




Graciñas profe Manuel por prepararnos este video!!!

mércores, 8 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE

 Para conmemorar este día quixemos recordar que todos e todas somos diferentes porque temos diferentes capacidades.

As diferenzas non son malas e ademais poden enriquecernos.

Os nenos de infanti coa axuda dos contos  "Un mar de colores " e "Por cuatro esquinitas de nada" fixeron estas duas actividades.

Por cuatro esquinitas de nada


Falaron da amizade , a diferenza e tamén a exclusión.



Un mar de colores 

Fixeron un mural no que cada un decorou un peixe e escribiu qué era o que facía ben e o qué lle costaba máis.
Cómo podemos axudar os demais a desenrolar as suas capacidades por medio da solidaridade e a empatia. 


domingo, 5 de decembro de 2021

PLANTAMOS

 O noso invernadoiro xa está en marcha e dende aquí estamos a traballar con diferentes proxectos de plantación.

Primeiro foron as plantas aromáticas, despois as coles e agora estamos coas leitugas, acelgas e allos.