Despois de ter comprobado o importante que son as matemáticas na vida diaria de todos nos , Pataquiña quere que saibades que o cerebro é un musculo que necesita entrenarse para que non se "oxide " e que esto podedes facelo a través das matemática.
Pataquiña proponvos un concurso:
Enigmas para resolver
Tódolos Venres durante 3 semanas vaivos presentar un divertido xogo de lóxica e intelixencia para desenrolar a memoria e agudeza mental e concentración.
Serán 3 enigmas, un para 1º e 2º , outro para 3º e 4º e outro para 5º e 6º.
Os nenos que o saiban resolver, apuntarán a resposta nun papel co nome do enigma, o seu nome e apelidos e o curso. Despois terán que introducir a papeleta nun buzón que estará en biblioteca.
Os nenos que acerten tres enigmas conseguirán exercitar o seu cerebro, mellorar a súa saúde e ademais recibirán unha sorpresa.
Todos a xogar!!!
O VENRES ESTADE ATENTOS OS ENIGMAS