Pataquinha

Pataquinha

xoves, 19 de maio de 2022

CON MOITA ARTE

Este curso a nosa colaboración co Salón do libro no apartado "Arte para mudar o mundo" foi a elaboración deste video que recolle o traballo que fixeron os nenos e nenas de educación infantil co artista Herve Tullet.


Podedes ver mais  videos doutros coles pertecentes a rede UNESCO
neste enlace

martes, 17 de maio de 2022

17 DE MAIO: APRENDEMOS CON FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


ESTE É O VIDEO QUE OS NENOS E NENAS DE CABANAS FIXERON PARA HOMENAXEAR A FLORENCIO DELGADO.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE !!!










martes, 10 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCO DELGADO

o 17 de maio celebrase o díá das Letras Galegas e o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán.


Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.

Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.

Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.

Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.

Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.


ENLACES QUE VOS PODEN INTERESAR:

SEMINARIO GALÁN







PRIMAVERA DAS LETRAS











martes, 3 de maio de 2022

APADRIÑAMENTO LECTOR

Que ledicia volver a poder gozar deste momento tan enriquecedor !!!

O pasado Venres fixemos unha actvidade moi bonita que durante estos anos de pandemia non puidemos organizar e  foi o apadriñamento lector.

Os nenxs maiores escollen a un peque  e contanlles un conto nun recuncho do patio.

E moi chulo ver como falan entre eles como se contan as suas historas e incluso se fan agasallos.

Grazas a todxs os padriños e madriñas por estes grandes momentos de lecturas!!!

















luns, 25 de abril de 2022

CONTACONTOS IGUALDADE

Hoxe tivemos no cole o contacontos da nosa querida Queliña

 ( Raquel Queizas) que vña cargada de contos e historias sobre gualdade e que nos gustaron moito.















23 DE ABRIL " DÍA DO LIBRO"

Ao longo desta semana e para celebrar a importania dos libros faremos un apadriñamento lector por parte dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Prmaria.

 


martes, 5 de abril de 2022

O TEU COLE NA HISTORA

O TEU COLE NA HISTORA é un programa impulsado pola Concellería de Educación en colaboración co equipo creativo de Polo correo do Vento coa finalidade de acadar a identificación do alumnado co seu centro escolar.
A través da pintura que temos no cole puidemos aprender a historia  da contorna natural, os monumentos, espazos singulares e tamén personaxes destacados.
Faláronos da misión biolóxica,  de Cruz Gallástegui que foi o que realizou numerosas investigacións na misión  e chegou a ser director tamén nos contaron cousas dos muiños do Batán , do parque etnoarqueoloxico cos seus petroglifos e dunha mestra de mestres Ernestina Otero.

Motas grazas.








 

luns, 21 de marzo de 2022

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe é o " Día da posía" e nos seguimos a traballar coa tradición oral:
Poesía, pandas, arrolos , rondas...




Recurso para estes días compartidos pola biblioteca Mestres Goldar
Clicar en POESIA

martes, 15 de marzo de 2022

AS TANXUGUEIRAS DE CABANAS: NON HAI FRONTEIRAS

 

GRAZAS AOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS PODEMOS ADICAR ESTE TRABALLO A 

 TODAS AS MULLERES GALEGAS, AS NOSAS BISAVOAS, AVOAS, NAIS ... QUE NOS DEIXARON A SÚA TRADICIÓN GALEGA E NOS AXUDARON TAMÉN TANTO A EMPODERARNOS.

GRAZAS!!!


 

luns, 7 de marzo de 2022

8 DE MARZO " DÍA DA MULLER"

 O 8 de Marzo, celebramos o "Día da Muller", un día para loitar pola igualdade, e o empoderamento das mulleres.

Esta é a selección de libros que están expostos e que podedes ler e aprender con eles.






Clicar aquí para ver 

CANTAMOS E BAILAMOS "SEMPRE ROSALIA"

 Os nenos de 3 anos quixeron honrar e lembrarse de Rosalia 

cantando e bailando a ritmo de rap.

martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

Ao longo da  semana de entroido , Cabanón disfrazado de choqueiro, enviounos diferentes mandadiños para cada día.

e cando  chegou o Venres fixemos unha gran festa e acabamos  queimando a Cabanón.












ROSALIA DE CASTRO: VIDA E OBRA

Este foi o mural colaborativo que fixemos entre todos os cursos e que pouco a pouco foi enchendo de vida, arte e cultura o noso cole.
Xuntos aprendemos e compartimos experiencias.











 @S NEN@S DE 4 E 5 ANOS ELABORAMOS UN CONTO DE ROSALÍA MOI FEITIÑO.