Pataquinha

Pataquinha

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ 2024 : Danza con TAL VEZ de Nil Moliner

Hoxe, día 30 de Xaneiro os nenxs de Cabanas quixemos celebrar 
A PAZ e tamén homenaxear a deportista e refuxiada Nadia Nadim 
cantando  as cancións "TAL VEZ" e       facendo unha exposición oral e tamén gráfica dos momentos máis importantes da sua vida.

                        


NADIA NADIM, UNHA VIAXE A ESPERANZA















Ademais de facer todo esto tamén contamos coa colaboración de Pataquiña que fixo unha seleción de lecturas moi oportunas para estes días.
  


martes, 23 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ 2024: NADIA NADIM

O vindeiro Martes 30, celebraremos "O día escolar da Paz e a non violencia".
Durante esta semana estamos a traballar a importancia de valores como o da tolerancia, xusticia, non violencia,  empatia, compasión ...
Este curso 2023-24 ademais aproveitaremos esta celebración para adicarlla a deportista e tamén  médica  Nadia Nadin, unha muller que naceu  no ano 1988 en kabul.
No ano 2000 cando estala a guerra en Afganistán tivo que marchar do seu pais debido a  persecución política que lle fixeron a  sua familia e convertirse así nunha  muller  refuxiada en Dinamarca.

Por eso Pataquiña quere deixarvos aquí algúns recursos para que saibades que é ser refuxiado e cómo podemos entre todos axudar .


                       






 O día 30 de xaneiro, Día da Paz cantaremos todos xuntos esta canción, por se queredes ir practicando.