Onte, 17 de decembro, o escritor Xosé A. Perozo , estivo no cole cos nen@s de 5º e 6º de Primaria que estiveron traballando na semana escolar DO CAMIÑO DE SANTIAGO. As aventuras da ECOPANDA gustáronnos moito e por eso seguiremos colaborando para resolver novos misterios.
Antes de marchar fixo un regalo para a biblioteca Estamos desexando leelo xa. MOITAS GRAZAS
Para celebrar o día internacional das persoas con discapacidade , este ano tivemos a sorte de ter a visita dos nen@s do colexio Juan XXIII para facer cos nen@s de 5º de Primaria do noso cole un taller no que todos xuntos decoraron paraugas que simbolizaban o lema dese día TODOS BAIXO UN MESMO PARAUGAS.
Foi unha experiencia moi bonita ver como traballaban en equipo e se axudaban.
Ademais desa actividade tamén fixemos un puzzle xigante coa colaboración de tódalas clases àportando unha peza que falaba de inclusión e de colaboración.
Co fín de evitar a violencia contra as mulleres e nenas o equipo de biblioteca organizamos varias actividades encamiñada a concienciar da importancia de erradicar a violencia de xénero ou calquera outro tipo de violencia.
1- Creamos o recuncho dos contos que abordan esta temática para os distintos niveis.
2- Iniciamos o Club de Lectura para 6º con dous libros 1-Nata y chocolate
2-Nata y chocolate invencibles, para os nenos que xa leron o primeiro.
3- Seleccionamos músicas con esta temática para escoitar o inicio das clases e poder falar despois do que falan.
Malo de Bebe
Lo que Ana ve de Revolver
La puerta violeta de Rozalen
Derechos de los niños UNICEF
4- Os axudantes de biblioteca escolleron un conto da exposición e foron a contarllo aos máis pequenos no tempo de lectura.
3 anos--Nin un biquiño a forza
4 anos--Nin un biquiño a forza
5 anos--Maruxa e Pepiño
1º P.--O segredo de Flora
2º P.--O segredo de flora
3º P.--O Pais dos Mandóns
4º P.-- Arturo y Clementina
5º P.--O libro dos porcos
Ademais fixemos tamén un Mannequin Challenge con algún dos dereitos dos nenos e tamén contra a violencia de xénero.
Todos os nenos e nenas de 6º de Primaria que xa leron NATA Y CHOCOLATE e estén interesados en apuntarse o club de lectura para ler NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES, poden facelo xa. Só tedes que ter ganas de ler e pasar un rato divertido todos xuntos falando das lecturas que nos gustan .
Fai 60 anos, o 20 de Novembro de 1959, 78 paises que formaban a Organización das Nacións Unidas, aprobaron por unanimidade o que hoxe se coñece como declaración dos Dereitos dos Nenos.
Os menores de idade son a riqueza do futuro e os adultos deben preservar a sua integridade e felicidade.
Con este día e con moitas das actividades que se fan queremos recordar que os nen@s teñen dereito a saúde, educación e protección, independentemente do lugar do mundo no que nacen.
Pataquiña quere deixar aquí un enlace dun documento audiovisual para os nenos de infantil e tamen primeiro ciclo de Primaria:"Todos somos iguais"
É un episodio dunha serie de muñecos de guiñol: Os Dereitos dos nenos e as nenas sobre os habitantes de Tamborilandia, elaborado pola televisión mexicana en colaboración coa Universidade Pedagógica Naciona Mejicana.
Neste primeiro episodio o protagonista é un neno diferente, é azul e non ten anteas e por eso din que é raro e non queren estar con el.
Finalmente aparecerá un superhéroe, defensor dos dereitos que lles axuda a resolver o conflicto.
A partir do terceiro curso de Primaria, ¨No discrimines" é tamén un documento que pode servir para despois de ver a historia, falar entre todos do qué quere decir a historia, qué nos ensina , qué pensan ou sinten o vela.