Pataquinha

Pataquinha

xoves, 12 de decembro de 2013

ATA SEMPRE: NELSON MANDELA "MANDIBA"

O pasado día 6 de decembro morreu Nelson Mandela.
Pataquiña e o equipo de biblioteca quere adicarlle unha pequena homenaxe a
" Mandiba "como se coñece cariñosamente.
Loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e razas e contra a inxusticia convertindose nun símbolo mundial de liberdade e de tolerancia.
Pequena biografia resumida:





“La educación es el arma más poderosa que

       puedes usar para cambiar el mundo”.

luns, 25 de novembro de 2013

EXPERIMENTAR COA CIENCIA

O pasado Martes os nenos de infantil e primaria estivemos xogando coa ciencia facendo experimentos moi divertidos.
¡ Mirade que ben o pasamos !






mércores, 20 de novembro de 2013

CONTACONTOS DE "QUELIÑA"

Estivo na biblioteca do cole Raquel Queizás, "Queliña" para os amig@s.
Veu a escenificarnos os nenos e nenas de 4 e 5 anos un conto onde o seu protagonista chamadoXan só facía comer pasteliños e máis pasteliños ..... ata que un bo día deuse de conta que o mellor era comer froita, porque así tiña máis enerxía e vitalidade.
Aprendemos moooooito con este conto, só falta poñelo en práctica.
            




Ánimo pequech@s
que a froita é o mellor para crecer moito moitíííííísimo!!!!

luns, 18 de novembro de 2013

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro celebramos o día internacional contra a violencia de xénero.
Aquí vos deixamos algúns dos recursos que vos poden servir para reflexionar.



INFANTIL:  "Conto de Arturo e Clementina"


PRIMARIA: "Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa"

"Maltrato sutil"

                                         


Tamén podedes escoitar esta canción




xoves, 7 de novembro de 2013

CONXUROS DE SAMAÍN

Xa temos conxuro gañador para que todos podades convertirvos en magos. Os nenos gañadores poden pasar pola biblioteca para recibir un premio terrorífico

domingo, 27 de outubro de 2013

24 DE OCTUBRE

O día 24 de Octubre foi o día das Bibliotecas Escolares .
Pataquiña propuxo os nenos que fixeran lemas para convidar os demais a leer.
Ademais na vindeira semana os nenos e nenas voluntarias farán unha actividade que os ten moi ilusionados .
Farán unha lectura  para os seus compañeiros. Serán lecturas de bruxas coincidindo co tempo do Samaín.


O lema  deste ano e "Ler ciencia na biblioteca escolar".

xoves, 17 de outubro de 2013

LEMAS

O día 24 de Outubro é o día internacional das Bibliotecas Escolares .
Dende a biblioteca, temos en marcha o seguinte proxecto:
"Pedimos os nenos e as familias un tempo de reflexión para escribir un lema que convide a todos a ler"
Deixámosvos esta curtametraxe sobre o valor da lectura e como un libro pode servir para fuxir da realidade.







CONCURSO DE CONXUROS

Pataquiña invitavos a que participedes nun concurso de conxuros.
Nos vindeiros días celebraremos a festa do Samaín e por eso queremos aprender conxuros novos.
Os traballos terán que ser presentados en equipos e o equipo gañador recibirá un premio terrorífico e ademais terá a sorte de ser presentado no noso blog de biblioteca como o equipo máis terrorífico de todo o cole.
Para que vaiades practicando PREMER AQUÍ



luns, 14 de outubro de 2013

XA VEN O SAMAIN

 Pataquiña  ten pendado convocar un concurso de conxuros para festexar a festa do Samaín.
Os voluntarios e voluntarias da biblioteca están axudando.
Mentras Pataquiña quere que saibades a orixe desta  festa

Dibujo Paisaje de Halloween pintado por SAMAIN


O "Samain", representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.O fin do verán e o principio do inverno.

Na antigua cultura céltica o tempo de Samaín , especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o periodo máis importante do ano .
Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros.
Esta festa ten unha antiguedade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
 Na noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos desaparece.
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espiritos ruíns os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Pataquiña estivo selecionando algún recursos interesantes para que xoguedes, e aprendades que é o Samaín. PREMER AQUÍ:
Ademais tamén podedes curiosear alguns xogos, historias e canción de Halloween (festa inglesa de certo parecido co samain).PREMER AQUí:



Disfrutade con este LIM !!!


PREMER AQUÍ LIM: UN SAMAIN DE CONXUROS




xoves, 10 de outubro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

A partir do vindeiro Venres tódolos nenos poderán levar as suas casa as mochilas viaxeiras.
Un grupo de voluntarios estivo hoxe repartindo.
O equipo de biblioteca e Pataquiña ,  desexamos que disfrutedes das lecturas e fagades moitas suxerencias novas.Un saúdo.


FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS

Os nenos de 1º visitan a biblioteca para aprender como funciona e poder a partir de agora ser 
 bos usuarios 



xoves, 19 de setembro de 2013

PLAN MELLORA 2013-14


Ola de novo:
O curso pasado presentamos dende o equipo de biblioteca un proxecto para mellorar a biblioteca e este foi o resultado da inversión dos cartos e do traballo realizado.

Este ano volvemos presentar un proxecto de mellora e novamente tivemos a sorte de ser admitidos e de poder dispor dun orzamento propio para a biblioteca.
Desexamos  a  colaboración de mestres, pais e nenos  para poder desenrolar un "bo ano de lecturas e de tempo de pracer na nosa biblioteca".
Ata pronto!!!



martes, 27 de agosto de 2013

GUIAS DE LECTURA

Aquí tendes as dúas guias de lectura para vacacións:


                                                          Guia de Infantil:


Guia de Primaria:







xoves, 13 de xuño de 2013

CONVIVENCIA CO CEP MARCOS DA PORTELA


Un día de convivencia cos alumnos de 4º de Primaria do CEP MARCOS DA PORTELA. Toda unha experiencia e un día para recordar. Xenial!

venres, 17 de maio de 2013

GAÑADORES CONCURSO DE CONTOS "DÍA DO LIBRO"


Moitas grazas a todos os participantes no concurso de contos. Especialmente a:


Miguel Bouzas Rodríguez (1º curso)


Marina Collazo Couto ( 4º curso)






Raquel Rosales  Estévez ( 6º curso)

martes, 14 de maio de 2013

CONCURSO DE CONTOS

Os contos gañadores para celebrar o "día do libro" foron :
         
 1º Ciclo: Miguel Bouzas  Rodríguez ( 1º curso)
 2º Ciclo: Marina Collazo Couto  (4º curso)
 3º Ciclo: Raquel Rosales  Estévez ( 6º curso)

Moitas grazas a todos os participantes.




mércores, 8 de maio de 2013

XOGA E APRENDE CON ROBERTO VIDAL

Para os  nenos que queirades saber máis cousas de Roberto Vidal Bolaño .




Biografia para 1º ciclo de Primaria (Premer aquí)
Obra teatral    1º ciclo de Primaria (Premer aquí)
Biografia para 2º ciclo de primaria  (Premer aquí)
Obra teatral    2º ciclo de Primaria  (Premer aquí)
Biografia para 3º ciclo de Primaria  (Premer aquí)
Obra teatral    3º ciclo de Primaria   (Premer aquí)



Xoga coas Letras Galegas. (Premer aquÏ)

E agora a cantar!!! 
Se queredes cantar " O espiritu vidal Bolaño", canción creada por Paco Nogueiras premede neste enlace e disdrutade con ela.


xoves, 2 de maio de 2013

MAIOS 2013


Por fín chegou o día de cantar os Maios e os nenos subiron o escenario da Praza da Ferrería para participar con alegria e disfrutar do momento.
Todos o fixeron moi ben, cantaron e moveronse o redor do Maio con moi bo ritmo..
Só se poden cantar catro coplas e estas foron as que cantaron:


Está ledo o noso maio                                                            
De fiuncho, ovos e calas                                                        
Mirade que feito ven                                                               
Dende o cole de Cabanas   
                                                 
Marchou o do bo talante                                                         
Que chamaban Zapatero                                                        
Chegou Mariano Recortes                                                      
Cando fala danos medo   

Cargadiños de ledicia
Achegámonos cantando
Non habemos de voltar
Sen aplausos e chorando

Teremos que erguerte, maio
Tempo é xa de marchar
Os señores do xurado
Teñen moito que falar
    



                                                                                                    





mércores, 1 de maio de 2013

CONTOS DOS NENOS



Pataquiña convidouvos a escribir un conto para celebrar o día do libro e por eso quere darvos as grazas polo traballo empregado. Non soio lle están gustando moito,  senon que ademais é pataquiña o protagonista dalgúns destes contos. 
O equipo de biblioteca quere comunicarvos a tódolos nenos que xa están chegando a biblio moitos escritos,  e que os estamos a ler moi atentamente .
Nos vindeiros días farase unha exposición con todos eles e despois , poremos no blog os máis valorados.
Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.
Mentras tanto mirade nestas fotos algunhas das vosas producións.








martes, 30 de abril de 2013

ENSAIANDO OS MAIOS

Os nenos de 6º de primaria levan xa uns días preparando co profe Miguel as coplas dos Maios.
Como todos os  anos o  intentan facer  o mellor posible,  pero sabemos que é difícil porque hai moita competencia.
O importante é pasalo ben e disfrutar do momento , e con ese pensamento iremos todos o Mércores a Ferrería.
Este é o noso Maio Viaxeiro. Xa case o temos listo e preparado
 para cantar. Vémonos...
Pero non soio temos que cantar , tamén hai que elaboralo e para eso contamos coa colaboración dos papás,  e especialmente de Domingo e de Aquilino    que viñeron o cole a explicarlle os nenos todo o proceso de elaboración.

                                    

domingo, 28 de abril de 2013

PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS


O Vindeiro 17 de Maio celebraremos o día das letras galegas. Este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño.
Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores  do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización linguística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.



 Dende o CPI DICES-ROIS ( A CORUÑA), remítennos un telexornal para coñecer mellor ó autor homenaxeado que podedes ver aquí


venres, 26 de abril de 2013

O CARTAFOL DO LÉREZ

Este ano os nenos de 5º e 6º de Primaria volven a participar na cuarta edición da campaña de animación á lectura e á escrita creativa
 "O Cartafol do Lérez". Os seus traballos publicaranse nun xornal escolar impreso de 12 páxinas e na web:
http://www.ocartafoldolerez.org
O conto traballado por estes nenos foi:   "O rei Oso branco"

O RAP DO LIBRO

Escoitade atentamente esta canción e animarvos  a ler.





martes, 23 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Este Día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a el, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio de edición, as librarias, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.
A narradora, actriz e directora teatral Paula Carballeira, agasalla as bibliotecas Escolares cun texto que quere motivar ás lectoras e lectores titulado "So un libro"

Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.








E agora un video :
ROBERTO E OS LIBROS, un conto moi divertido animado para celebrar o día do libro.Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos.