Entre todos e todas elaboramos un muro cheo de mensaxes positivas e con el quixemos expresar a necesidade de tratar ben e de ser ben tratadxs polos demais.
sábado, 26 de novembro de 2022
25 N: O MURO DO BO TRATO
xoves, 24 de novembro de 2022
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
O vindeiro Venres, 25 de Novembro é o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
Estes so algúns dos contos que temos na biblioteca e cos que queremos previr esa violencia.
Son contos cheos de mensaxes que nos invitan a reflexionar e a facilitar conversas.
SEMENTAMOS E PLANTAMOS NO INVERNADOIRO
Despois de por terra nova, abono e quitar os restos da plantación do curso pasado xa temos o invernadoiro listo para plantar leitugas, espinacas, acelgas, porros, repolos, brocoli e tamén coliflor.
Despois de por terra nova, abono e quitar os restos da plantación do curso pasado xa temos o invernadoiro listo para plantar e sementar.
A compra de LEITUGAS, ACELGAS, PORROS, BROCOLI, COLIFLOR E REPOLO está feita e agora a plantaaaaaaar.
3 ANOS:
4 ANOS:
martes, 22 de novembro de 2022
ENREGUÉIFATE
LECTURAS COMPARTIDAS
A profe Carol e os seus nenxs de 3º de Primaria decidiron compartir, no tempo da lectura, algúns dos seus contos preferidos.
Con moita ilusión e tamén emoción estiveron todos estes días regalando o seu traballo e escenificando o conto "A mosca chosca"
MOITAS GRAZAS
OBRADOIRO DE COGOMELOS
domingo, 20 de novembro de 2022
20 DE NOVEBRO: DEREITOS DA INFANCIA
O 2o de Novembro é un día adicado a todos os nenxs do mundo.
E un día para coñecer os seus dereitos.
Recordar o dereito a saúde, a educación, a protección, a ter unha familia, un nome, a ser alimentados...Durante todos estes días os nenxs traballaron estes dereitos e tamén fixeron lecturas sobre o tema para falar e contarse cousas entre eles.
Os máis pequenos decidiron centrarse en dous: DEREITO A TER UN NOME E DEREITO A TER UNHA FAMILIA.
Fixeron unha chapa co seu nome e un video no que nos contan como as suas familias.
Clicar en VIDEO
domingo, 6 de novembro de 2022
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR
O pasado 4 de Novembro foi o día contra a violencia e o bullyng escolar.
Este foi o expositor con algún dos libros que nos serviron para traballar cos nenxs nas aulas e sensibilizar a toda a comunidade educativa, pais, alumnos da necesidade de poñer fín a violencia e o acoso escolar.
martes, 1 de novembro de 2022
SAMAGOSTO 2022
O Venres 28 de Outubro estivemos de celebración no cole disfrutando do SAMAGOSTO.
Disfrazados con disfraces de medo fixemos xogos tradicionais de Magosto no pabellón gracias ao profe José Luis e aos nenxs de 6º de Primaria que foron os monitores.
OS XOGOS FORON : A canasta, a bola que bota e rebota, circuito castaña, latas divertidas, castaña gol...
Tamén miramos a exposición de cabazas que quedou moi chula e a decoración da entrada do cole. Comemos as castañas asadas e por último os nenxs de infantil foron dar sustos a todos os demais profes e maiores do cole.
PASÁMOLO DE MEDOOOOOO!!