Pataquinha

Pataquinha
Amosando publicacións coa etiqueta MAIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAIO. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de abril de 2018

LETRAS GALEGAS

  LETRAS GALEGAS

2018

Mª VITORIA MORENO

 



Xa non queda nada para festexarmos o Día das Letras Galegas 2018, o día en que a nosa literatura e a nosa lingua se visten de gala para celebrar a súa vizosa creatividade e a necesidade de promover e potenciar o uso do noso idioma para que cumpra 1000 primaveras máis.
Este ano a autora homenaxeada será María Victoria Moreno, a escritora estremeña que aló polo ano 1963 chegou a Pontevedra como profesora para asumir, conscientemente, unha vida e unha obra en lingua galega. Tal e como diría ela anos máis tarde, "a miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor".  E así foi como a este amor e ao seu compromiso coa docencia e o ensino, que recoñecen moitas xeracións de pontevedreses e pontevedresas que pasaron polas súas aulas de lingua e literatura, sumou unha obra literaria que nos deixou algúns dos títulos máis recoñecidos entre o público infantil e xuvenil.
Ademais das numerosas actividades que se están a levar a cabo e a argallar ao redor da súa figura neste mes, a continuación facemos unha selección de recursos e materiais que de seguro nos axudan a coñecer mellor a súa achega á cultura galega:
  • Real Academia Galega: inclúe unha biografía, información sobre a súa obra e unha interesante sección sobre as actividades que se están xerando ao redor da autora neste ano.




  • Seminario Galán: como todos os anos, os compañeiros e compañeiras do Seminario elaboraron un completísimo monográfico para levar ás aulas a obra e a vida da persoa á que se lle dedica esta efeméride. Materiais imprimibles (biografías, dípticos, exposicións, cadernos de actividades...), libros interactivos multimedia e álbum de imaxes da autora conforman un conxunto de recursos adptados a cada curso de Infantil e Primaria.
  • Letras Galegas 2018: a profesora Patricia Sánchez Lamas, autora do blogue de referencia A fiestra da mestra, non para e elaborou unha páxina web que, ao lado de fichas idóneas para imprimir e traballar na clase, incorpora unhas actividades tan orixinais como unha "Regueifa das Letras" e as "Píldoras para Victoria", ademais dunha "Biografía sonorizada" e un "Concurso das Letras". Van alá os nosos parabéns e agradecementos para esta compañeira polo seu traballo e por partillalo con nós!

Incluímos tamén a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe traballos e propostas que se están a desenvolver nos centros de ensino, e a selección de recursos e novidades sobre as Letras da revista Botóns, o Portal Galega da Educación. 




xoves, 2 de maio de 2013

MAIOS 2013


Por fín chegou o día de cantar os Maios e os nenos subiron o escenario da Praza da Ferrería para participar con alegria e disfrutar do momento.
Todos o fixeron moi ben, cantaron e moveronse o redor do Maio con moi bo ritmo..
Só se poden cantar catro coplas e estas foron as que cantaron:


Está ledo o noso maio                                                            
De fiuncho, ovos e calas                                                        
Mirade que feito ven                                                               
Dende o cole de Cabanas   
                                                 
Marchou o do bo talante                                                         
Que chamaban Zapatero                                                        
Chegou Mariano Recortes                                                      
Cando fala danos medo   

Cargadiños de ledicia
Achegámonos cantando
Non habemos de voltar
Sen aplausos e chorando

Teremos que erguerte, maio
Tempo é xa de marchar
Os señores do xurado
Teñen moito que falar
    



                                                                                                    





martes, 30 de abril de 2013

ENSAIANDO OS MAIOS

Os nenos de 6º de primaria levan xa uns días preparando co profe Miguel as coplas dos Maios.
Como todos os  anos o  intentan facer  o mellor posible,  pero sabemos que é difícil porque hai moita competencia.
O importante é pasalo ben e disfrutar do momento , e con ese pensamento iremos todos o Mércores a Ferrería.
Este é o noso Maio Viaxeiro. Xa case o temos listo e preparado
 para cantar. Vémonos...
Pero non soio temos que cantar , tamén hai que elaboralo e para eso contamos coa colaboración dos papás,  e especialmente de Domingo e de Aquilino    que viñeron o cole a explicarlle os nenos todo o proceso de elaboración.