Pataquinha

Pataquinha
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ 2023 "EU TEÑO UN SOÑO"

 Aquí está xa o video montado con todo o traballo que os nenxs fixeron despois de escoitar  a canción "Yo tengo un sueño" Hinno oficial da escola de cultura de Paz 2022.

Ninguén verá o racismo se nos quedamos en silencio

e si o ignoramos non deixará de ser violento.

USEMOS AS NOSAS VOCES CONTRA O RACISMO


VIVAN AS  DIFERENTES CORES



Os nenxs de 3º e 4º de Primaria contando  os pequenos de Infantil cun Kamishibai o conto da vida de Martin Luther king.






martes, 16 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

 Nas rúas de Pontevedra non hai Entroido este ano pero no

 cole de CABANAS sí.

E así de ben o pasamos recreando con moita variedade a

 temática dos MUSEOS.

Tivemos museo da Prehistoria, das Ciencias, O museo de

Pontevedra e os seus arqueólogos, Pintores que decoran  as

 pinacotecas co seu traballo,  museo das marionetas e unha

 estupenda representación dos cadros máis famosos do

 mundo.


Pasamolo xenial, e incluso o tempo nos deu unha

 tregua e saleu o sol para ver os nosos disfraces.























luns, 25 de febreiro de 2019

ORBIL VISITA CABANAS

ORBIL DANOS UNHA SORPRESA




Hoxe mesmo, nada máis chegar ao cole ORBIL veu de visita !!!!!
Poidemos abrazalo, chocar as mans e sacar unhas fotos con el.
 Gracias por vir ao Cole de Cabanas, VEMONOS DE NOVO NO SALÓN DO LIBRO!!!!


domingo, 6 de maio de 2018

PREGUNTA 2


Mª Vitoria Moreno foi profesora nun Instituto de Secundaria de Pontevedra.
Sabedes en cal?

venres, 4 de maio de 2018

PREGUNTA 1


No seu 1º libro publicado , alá polo ano 1973, contanos a historia de Miguel.
Poderiasme dicir a que de dedicaba e cal era a súa profesión?

mércores, 2 de maio de 2018

CONCURSO LETRAS GALEGAS



OLA DE NOVO, AMIGOS
 SON   PATAQUIÑA, E QUERIA DESCUBRIR CON  VOS , INFORMACIÓN SOBRE A AUTORA AO QUE  ADICAMOS O DÍA DAS LETRAS   GALEGAS ESTE ANO   
  Mº VITORIA MORENO



PROPOÑEMOS QUE PARTICIPEDES NUN NOVO CONCURSO  E   ESTAS SON AS NORMAS:
1.· DURANTE O VENRES 4  ,  LUNS 7  E MÉRCORES  9 DE MAIO , IREIVOS FACENDO PREGUNTAS  SOBRE A AUTORA, QUE VOS, DEBEREDES DESCUBRIR.
PARA COÑECER AS PREGUNTAS, TENDES QUE ENTRAR
 NO BLOGUE DA BIBLIOTECA , QUE COMO XA SABEDES CHÁMASE “ALCOUBEBIBLIOTECA”, E ALÍ ATOPAREDES MOITA INFORMACIÓN E ENLACES A PÁXINAS ONDE VEREDES ACTIVIDADES VARIADAS E DIVERTIDAS.
 CANDO TEÑADES AS TRES RESPOSTAS ESCRIBIDELAS NUNHA TARXETA QUE TEREDES Á ENTRADA DA BIBLIOTECA E METÉDELA NO BUZÓN QUE  HAI  AO LADO.
· 3. O VENRES  DIA 16 AO FINAL DO RECREO, 
SORTEAREMOS UN AGASALLO ENTRE OS 
PARTICIPANTES QUE RESPONDAN CORRECTAMENTE 
ÁS TRES PREGUNTAS.
  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
UN SAÚDO  DO VOSO AMIGO
                                     PATAQUIÑA

venres, 27 de abril de 2018

LETRAS GALEGAS

  LETRAS GALEGAS

2018

Mª VITORIA MORENO

 



Xa non queda nada para festexarmos o Día das Letras Galegas 2018, o día en que a nosa literatura e a nosa lingua se visten de gala para celebrar a súa vizosa creatividade e a necesidade de promover e potenciar o uso do noso idioma para que cumpra 1000 primaveras máis.
Este ano a autora homenaxeada será María Victoria Moreno, a escritora estremeña que aló polo ano 1963 chegou a Pontevedra como profesora para asumir, conscientemente, unha vida e unha obra en lingua galega. Tal e como diría ela anos máis tarde, "a miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor".  E así foi como a este amor e ao seu compromiso coa docencia e o ensino, que recoñecen moitas xeracións de pontevedreses e pontevedresas que pasaron polas súas aulas de lingua e literatura, sumou unha obra literaria que nos deixou algúns dos títulos máis recoñecidos entre o público infantil e xuvenil.
Ademais das numerosas actividades que se están a levar a cabo e a argallar ao redor da súa figura neste mes, a continuación facemos unha selección de recursos e materiais que de seguro nos axudan a coñecer mellor a súa achega á cultura galega:
  • Real Academia Galega: inclúe unha biografía, información sobre a súa obra e unha interesante sección sobre as actividades que se están xerando ao redor da autora neste ano.




  • Seminario Galán: como todos os anos, os compañeiros e compañeiras do Seminario elaboraron un completísimo monográfico para levar ás aulas a obra e a vida da persoa á que se lle dedica esta efeméride. Materiais imprimibles (biografías, dípticos, exposicións, cadernos de actividades...), libros interactivos multimedia e álbum de imaxes da autora conforman un conxunto de recursos adptados a cada curso de Infantil e Primaria.
  • Letras Galegas 2018: a profesora Patricia Sánchez Lamas, autora do blogue de referencia A fiestra da mestra, non para e elaborou unha páxina web que, ao lado de fichas idóneas para imprimir e traballar na clase, incorpora unhas actividades tan orixinais como unha "Regueifa das Letras" e as "Píldoras para Victoria", ademais dunha "Biografía sonorizada" e un "Concurso das Letras". Van alá os nosos parabéns e agradecementos para esta compañeira polo seu traballo e por partillalo con nós!

Incluímos tamén a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe traballos e propostas que se están a desenvolver nos centros de ensino, e a selección de recursos e novidades sobre as Letras da revista Botóns, o Portal Galega da Educación. 




venres, 20 de outubro de 2017

CARTA DE PATAQUIÑA




                                 

Ola amigos:
Son  o pirata Pataquiña, supoño que xa me coñecedes,  pero quero presentarme  outra vez máis.
Enriba da mesa da biblioteca acabo de atopar sete fotos de lugares diferentes do mundo e non sei moi ben onde están situados.
Xa sabedes que son moi curioso pero necesito a vosa axuda para resolver esta cuestión e por eso decidín repartir as fotos polas clases do cole coa ilusión de que me poidades axudar. 
 Cando saibades  algo informádeme para despois intentar aprender entre todos.
Esta é a foto que vos toca a vos. Espero a vosa resposta.
Moitas grazas.




martes, 16 de maio de 2017

CONCURSO CARLOS CASARES 3





CARLOS CASARES ESCRIBEU VARIOS CONTOS PARA NENOS. 
UN DELES TRATA DUN NENO QUE QUERIA TER UNHA  BICICLETA. 

 COMO SE CHAMA O NENO PROTAGONISTA DESTE CONTO?

luns, 15 de maio de 2017

CONCURSO CARLOS CASARES 2


CARLOS CASARES ESCRIBIU NUMEROSAS OBRAS AO LONGO DA SÚA VIDA.

PARA COMPLETAR A SEGUNDA PREGUNTA DEBERÁS NOMEAR POLO MENOS DÚAS.

venres, 12 de maio de 2017

CONCURSO CARLOS CASARES 1



PARA RESPOSTAR CORRECTAMENTE Á PRIMEIRA PROBA DESTE CONCURSO DEBEREDES COMPLETAR A SEGUINTE FRASE:

CARLOS CASARES NECEU EN ........ PERO CANDO MORRREU VIVIA EN ........

martes, 9 de maio de 2017

NOVO CONCURSO CON PATAQUIÑA





OLA DE NOVO, AMIGOS
 SON   PATAQUIÑA, E QUERIA DESCUBRIR CON  VOS , INFORMACIÓN SOBRE O AUTOR AO QUE  ADICAMOS O DÍA DAS LETRAS
GALEGAS ESTE ANO  

 CARLOS   CASARES

PROPOÑEMOS QUE PARTICIPEDES NUN NOVO CONCURSO  E   ESTAS SON AS NORMAS:

· DURANTE O VENRES 12  ,  LUNS 15  E MARTES 17 DE MAIO , IREIVOS FACENDO PREGUNTAS  SOBRE O AUTOR, QUE VOS, DEBEREDES DESCUBRIR.

· PARA COÑECER AS PREGUNTAS, TENDES QUE ENTRAR NO BLOGUE DA BIBLIOTECA , QUE COMO XA SABEDES CHÁMASE “ALCOUBEBIBLIOTECA”.

· CANDO TEÑADES AS TRES RESPOSTAS ESCRIBIDELAS NUNHA TARXETA QUE TEREDES Á ENTRADA DA BIBLIOTECA E METÉDELA NO BUZÓN QUE  HAI  AO LADO.

· O VENRES  DIA 19 NO RECREO, SORTEAREMOS UN AGASALLO ENTRE OS PARTICIPANTES QUE RESPONDAN CORRECTAMENTE AS TRES PREGUNTAS.

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

UN SAÚDO  DO VOSO AMIGO

                                     PATAQUIÑA


COUSAS SOBRE CARLOS CASARES




Como o autor deste ano homenaxeado polo día das letras galegas é Carlos Casares  e ides ter varias actividades sobre el para o que precisaredes buscar información, aquí tendes varios recursos que vos poden axudar.

Tamén podedes visitar a exposición de carteis sobre o autor que temos no corredor do piso de arriba do centro


NOVO RETO CON CARLOS CASARES



Como xa saberedes este ano as letras galegas homenaxean a Carlos Casares.

E como non, una vez máis queríamos plantexarvos un reto.

Sabiades que en Pontevedea, a figura de Carlos Casares forma parte dun grupo escultórico, situado nunha das prazas da nosa cidade?

Busca información, descubre de que lugar se trata, e de paso que paseades pola cidade sacádevos una foro co autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

Trae a foto ao cole, ou enviadea por correo electrónico (ceip.cabanas@edu.xunta.es) e faremos una exposición con todas elas na entrada do cole.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!