O Samaín é unha festividade de orixe celta máis importante do periodo pagán que dominou europa ata a súa conversión ao cristianismo.
A sua etimoloxía é gaélica e significa " fin do verán". Celebráse ao final da tempada das colleitas. Era considerado como o "ano novo" celta que comezaba coa estación escura. Esta data era o 31 de outubro no hemisferio norte e o 1 de maio no hemisferio sur. Era unha das noites dos espíritus, sendo a outra Beltane.
Estas son algunhas das actividades que faremos na escola estes días.
1. Exposición de cabazas, preferentemente con temática de medo ou tamén deportiva.
2. Exposición de adornos de outono ( con follas, pauciños, landras, castañas...)
3. Curtas polo Samaín en galego.
Esta actividad consiste en gravar un pequeno video de, como minimo un minuto de duración e non máis de 5 minutos, no que se fale en galego con temas do Samaín.
Podese facer en familia, c@s amig@s do cole, individuais, con disfraces, obxectos de medo...
Empregade a imaxinación.
Animádevos a participar para celebrar o Samaín dun xeito divertido e creativo!!!
Aquí vos quedan tamen un chea de RECURSOS SAMAÍN
Grazas a todas as persoas que elaboran estes recursos e os comparten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario