martes, 19 de marzo de 2024
EU FAGO DEPORTE
domingo, 10 de marzo de 2024
TREMOLA TEATRO
8 DE MARZO: MULLERES NO DEPORTE
mércores, 6 de marzo de 2024
8 DE MARZO , DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día 8 de Marzo, celébrase " O día internacional da muller".
Un día recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Este curso o noso PDI é "As Olimpiadas de Cabanas".
Estamos a investigar moitas cousas relacionadas co traballo en equipo, a disciplina o esforzo, os paises nos que se celebraron olimpiadas e tamén é importante facer un recoñecemento público as mulleres no deporte.
A sua loita diaria por rachar cos estereotipos impostos e poder así traballar pola igualdade.
Estas son algunhas das deportistas galegas as que queremos homenaxear nestes días.
ANA PELETEIRO
ADIARATOU IGLESIAS FORNEIRO
TERESA ABELLEIRA
PAULA CARBALLIDO
TERESA PORTELA RIVAS
ANTÍA JÁCOME COUTO
SUSANA RODRÍGUEZ GACIO
Selección dos libros que podedes levar da biblioteca.
RECURSOS:
Recursos para traballar o día 8 de Marzo.
Orientación Andujar-Día 8 de Marzo
E non podemos esquecer a SUPERLOLA , un conto coeducativo que rompe os esquemas de xénero e remata co " princesismo" de pelis, debuxos animados e contos infantís.