Aquí está xa o video montado con todo o traballo que os nenxs fixeron despois de escoitar a canción "Yo tengo un sueño" Hinno oficial da escola de cultura de Paz 2022.
Ninguén verá o racismo se nos quedamos en silencio
e si o ignoramos non deixará de ser violento.
USEMOS AS NOSAS VOCES CONTRA O RACISMO
VIVAN ASDIFERENTES CORES
Os nenxs de 3º e 4º de Primaria contando os pequenos de Infantil cun Kamishibai o conto da vida de Martin Luther king.
Este ano e a pesar dos inconvenientes de última hora celebramos o Nadal en Cabanas cuns traballos estupendos e aquí volos mostramos.
Preparamos as cartas aos Reis de Oriente.
Fixemos unhas estupendas postais de Nadal
E entre todas escollimos as que representan ao cole na felicitación de Nadal de este ano.
Decoramos as portas das clases
Preparamos unhas estupendas panxoliñas na clase de música
Pero o mellor de todo foron os traballos aportados polas familias.
Chegaron ao cole unha morea de adornos de Nadal feitos de plásticos reutilizados que formarán parte do noso proxecto "DESPLASTIFICATE"
GRACIAS familias!!!
Como hoxe foi o derradeiro día do ano escolar, celebramos "As Badaladas de Cabanas", aínda que eso sí con pouca festa, pero estabamos todxs moi elegantes.
Ahhhh ... e recibimos unha mensaxe moi especial de Papá Nöel, que aínda que non puido vir ao cole nos mandou moitos agasallos para todas as clases.
GRACIAS a Papá Nöel e aos seus axudantes!!!
Agora solo nos queda desexarvos BO NADAL e ANO NOVO sobre todo ás familias que por un motivo ou outro están confinadas na casa e teñen que pasar as vacacións de xeito diferente.
Cada 30 de Xaneiro, celebramos o día Escolar da non violencia e da Paz, como homenaxe a Mahatman Gandhi, lider do movemento de independencia da India e pionero da filosofía da non violencia.
Este ano dende as Escolas Asociadas UNESCO, queremos coñecer a Rosa Parks, unha activista e unha das figuras máis importantes do movemento polos dereitos civís dos Estados Unidos.
Un día de 1955, cando viaxaba en autobús , o conductor mandouna que se levantara do seu asiento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo que non e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu pais, pois o seu exemplo moveu a comunidade negra a reivindicar os seus dereitos, tantas veces violados.
Esta é a selección de libros para traballar e saber máis.
SON PATAQUIÑA, E QUERIA
DESCUBRIR CON VOS , INFORMACIÓN SOBRE A AUTORA AO QUE ADICAMOS O DÍA
DAS LETRAS GALEGAS ESTE ANO
Mº VITORIA MORENO
PROPOÑEMOS QUE PARTICIPEDES NUN NOVO
CONCURSO E ESTAS SON AS NORMAS:
1.·DURANTE O VENRES 4 , LUNS 7
E MÉRCORES 9 DE MAIO , IREIVOS FACENDO PREGUNTAS
SOBRE A AUTORA, QUE VOS, DEBEREDES DESCUBRIR.
PARA COÑECER AS PREGUNTAS, TENDES QUE ENTRAR NO BLOGUE
DA BIBLIOTECA , QUE COMO XA SABEDES CHÁMASE “ALCOUBEBIBLIOTECA”, E ALÍ ATOPAREDES MOITA INFORMACIÓN E ENLACES A PÁXINAS ONDE VEREDES ACTIVIDADES VARIADAS E DIVERTIDAS.
2·CANDO TEÑADES AS TRES RESPOSTAS ESCRIBIDELAS NUNHA
TARXETA QUE TEREDES Á ENTRADA DA BIBLIOTECA E METÉDELA NO BUZÓN QUE
HAI AO LADO.
·3. O VENRES DIA 16 AO FINAL DO RECREO, SORTEAREMOS UN
AGASALLO ENTRE OS PARTICIPANTES QUE RESPONDAN CORRECTAMENTE ÁS TRES PREGUNTAS.
Xa non queda nada para festexarmos o Día das Letras Galegas 2018, o día
en que a nosa literatura e a nosa lingua se visten de gala para celebrar
a súa vizosa creatividade e a necesidade de promover e potenciar o uso
do noso idioma para que cumpra 1000 primaveras máis.
Este ano a autora homenaxeada será María Victoria Moreno, a escritora
estremeña que aló polo ano 1963 chegou a Pontevedra como profesora para
asumir, conscientemente, unha vida e unha obra en lingua galega. Tal e
como diría ela anos máis tarde, "a miña relación con Galicia e a miña
opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor". E así foi
como a este amor e ao seu compromiso coa docencia e o ensino, que
recoñecen moitas xeracións de pontevedreses e pontevedresas que pasaron
polas súas aulas de lingua e literatura, sumou unha obra literaria que
nos deixou algúns dos títulos máis recoñecidos entre o público infantil e
xuvenil.
Ademais das numerosas actividades que se están a levar a cabo e a
argallar ao redor da súa figura neste mes, a continuación facemos
unha selección de recursos e materiais que de seguro nos axudan a
coñecer mellor a súa achega á cultura galega:
Real Academia Galega:
inclúe unha biografía, información sobre a súa obra e unha interesante
sección sobre as actividades que se están xerando ao redor da autora
neste ano.
Primavera das Letras:
como xa fixo en cursos anteriores, a propia RAG pon á disposición da
comunidade educativa unha páxina especial de recursos que inclúe fichas
didácticas, actividades interactivas, ligazóns de interese e mais as
bases do certame Contádenos o voso Día das Letras Galegas.
Seminario Galán: como
todos os anos, os compañeiros e compañeiras do Seminario elaboraron un
completísimo monográfico para levar ás aulas a obra e a vida da persoa á
que se lle dedica esta efeméride. Materiais imprimibles (biografías,
dípticos, exposicións, cadernos de actividades...), libros interactivos
multimedia e álbum de imaxes da autora conforman un conxunto de recursos
adptados a cada curso de Infantil e Primaria.
Letras Galegas 2018: a profesora Patricia Sánchez Lamas, autora do blogue de referencia A fiestra da mestra,
non para e elaborou unha páxina web que, ao lado de fichas idóneas para
imprimir e traballar na clase, incorpora unhas actividades tan
orixinais como unha "Regueifa das Letras" e as "Píldoras para Victoria",
ademais dunha "Biografía sonorizada" e un "Concurso das Letras". Van
alá os nosos parabéns e agradecementos para esta compañeira polo seu
traballo e por partillalo con nós!