PAPÁ E A MAMÁ DE XOAN ( JOSE E ISABEL), E OS DE LUCAS ( FERNANDO E NOELIA).
venres, 28 de abril de 2023
mércores, 26 de abril de 2023
CONTACONTOS: REBECA
Mércores, día 25 na hora da lectura a profe Rebeca tamén quixo celebrar o mes do libro e estivo contándonos uns contos aos nenos de infantil que lle fixeron rir moito e participar moi activamente.
-A osiña Jimena
-O galo Paco
-Marcelina en la cocina
-Historia do Quitapenas de Rebeca
Ademais de pasalo moi ben e divertirse coas lecturas, a profe regaloulles uns Quitapenas para personalizar e poder poñer debaixo da almofada cando o precisen.
APADRIÑAMENTO LECTOR
Ao longo desta semana, para conmemorar o día do libro, realizáronse varias actividades entre elas a do apadriñamento lector do alumnado de 3º e 6º de P. para os nenos e nenas de infantil e 1ºde Primaria.
Os padriños e madriñas recolleron os seus afilladxs nas clases para despois levalos ao patio e contar o conto escollido.
Ademais moitos padriños e madriñas obsequiaron aos seus afillados lectores cun pequeno regaliño feito por eles.
venres, 21 de abril de 2023
EXPERIMENTANDO : A TINTA QUE FLOTA
1- Nome do experimento: "A tinta que flota"2- Materiais: 2 vasos, auga, sal, colorante e culler.3- Hipótesis: Qué pensades que vai pasar neste experimento4- Observacións: No vaso con sal o colorante flota na auga, e ésta é de cor laranxa, e no vaso sen sal o colorante mistúrase moito coa auga, e ésta é de cor amarela.
MAGIA EN LA MANGA
Que día tan especial vivimos o pasado mércores , 20 de Abril.
Todo o cole saímos camiñando ata a casa verde para disfrutar dun espectáculo de maxia chulísimo e titulado " LA IGUALDAD NO TIENE TRUCO", que nos ofreceron sara Rodríguez e Carlos Tomico, integrantes de " MAGIA EN LA MANGA"
Estamos acostumadx a ver magos, pero tamén existiron e existen hoxe en día moitas magas. "La igualdad no tiene truco" é unha charla espectáculo que busca promover a igualdade de xénero mediante o arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.
MOITAS GRAZAS A AMPA DO COLE POR ESTE DÍA