martes, 28 de marzo de 2023
martes, 21 de marzo de 2023
DIA DA ÁRBORE E DA POESÍA
Hoxe día da poesía e da árbore celebrámolo plantando árbores no patio coa axuda dos alumnos da escola de Lourizán e da sua mestra Carmela.
Con esta actividade queremos conseguir humanizar o noso patio.
Ademais desto os nenos de 2º e 6º de primaria recolleron os seus repolos e coliflores do invernadoiro.
luns, 13 de marzo de 2023
VISITA DAS MULLERES CIÉNTIFICAS ANA MARÍA BUTRÓN E NOEMI GESTEIRO
mércores, 8 de marzo de 2023
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día 8 de Marzo, celébrase o "Día internacional da muller".
Un día recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Na biblioteca fixemos unha selección de contos para traballar nestes días.
SUPERLOLA
E un conto coeducativo que rompe os esquemas de xénero e remata co " princesismo" de pelis, dibuxos animados e contos infantís.
martes, 7 de marzo de 2023
ROSALIA E A EMIGRACIÓN
O día 23 de Febreiro , despois da ponte do Entroido, conmemoramos o día de Rosalia.
Nesta ocasión quixemos adicar o día a unha galega referente no mundo.
Unha muller importante como escritora e que falou de moitos temas do rural, da situación precaria dos pobos de galicia, da lingua e tamén da emigración.
Na biblioteca fixemos un recuncho de contos en galego e tamén dos seus.
Ademais montamos entre todxs un mural con fotos da emigración galega recompiladas polos nenxs , poesías e un mapa do mundo onde se marcaron os diferentes lugares aos que emigraron os galegos e galegas.