Este curso a nosa colaboración co Salón do libro no apartado "Arte para mudar o mundo" foi a elaboración deste video que recolle o traballo que fixeron os nenos e nenas de educación infantil co artista Herve Tullet.
xoves, 19 de maio de 2022
martes, 17 de maio de 2022
17 DE MAIO: APRENDEMOS CON FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
martes, 10 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCO DELGADO
o 17 de maio celebrase o díá das Letras Galegas e o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.
Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.
Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.
Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.
Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.
ENLACES QUE VOS PODEN INTERESAR:
martes, 3 de maio de 2022
APADRIÑAMENTO LECTOR
Que ledicia volver a poder gozar deste momento tan enriquecedor !!!
O pasado Venres fixemos unha actvidade moi bonita que durante estos anos de pandemia non puidemos organizar e foi o apadriñamento lector.
Os nenxs maiores escollen a un peque e contanlles un conto nun recuncho do patio.
E moi chulo ver como falan entre eles como se contan as suas historas e incluso se fan agasallos.
Grazas a todxs os padriños e madriñas por estes grandes momentos de lecturas!!!