O pasado venres 9 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP Cabanas, e este ano dun xeito moi especial, cun encontro dos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: as chinas e chinos da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos e peruanas de Machu Picchu en Cuzco, os exploradores e exploradoras de Petra en Xordania, os mexicanos e mexicanas de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal e os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.
Foi unha xuntanza do máis emocionante, con desfile e baile de cada nivel, moita música e bo humor. Neste vídeo podedes ver un resumo do que foi esta festa de entroido na Casa Verde, moi pretiño do cole.
Tamén fixemos algunhas fotografías, podedes velas nas seguintes animacións.
Se querdes velas unha por unha e descargalas, podedes facelo no seguinte enlace.
Ata a próxima familias!