Pataquinha

Pataquinha
Amosando publicacións coa etiqueta Mº VITORIA MORENO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mº VITORIA MORENO. Amosar todas as publicacións

domingo, 6 de maio de 2018

PREGUNTA 2


Mª Vitoria Moreno foi profesora nun Instituto de Secundaria de Pontevedra.
Sabedes en cal?

venres, 4 de maio de 2018

PREGUNTA 1


No seu 1º libro publicado , alá polo ano 1973, contanos a historia de Miguel.
Poderiasme dicir a que de dedicaba e cal era a súa profesión?

mércores, 2 de maio de 2018

CONCURSO LETRAS GALEGAS



OLA DE NOVO, AMIGOS
 SON   PATAQUIÑA, E QUERIA DESCUBRIR CON  VOS , INFORMACIÓN SOBRE A AUTORA AO QUE  ADICAMOS O DÍA DAS LETRAS   GALEGAS ESTE ANO   
  Mº VITORIA MORENO



PROPOÑEMOS QUE PARTICIPEDES NUN NOVO CONCURSO  E   ESTAS SON AS NORMAS:
1.· DURANTE O VENRES 4  ,  LUNS 7  E MÉRCORES  9 DE MAIO , IREIVOS FACENDO PREGUNTAS  SOBRE A AUTORA, QUE VOS, DEBEREDES DESCUBRIR.
PARA COÑECER AS PREGUNTAS, TENDES QUE ENTRAR
 NO BLOGUE DA BIBLIOTECA , QUE COMO XA SABEDES CHÁMASE “ALCOUBEBIBLIOTECA”, E ALÍ ATOPAREDES MOITA INFORMACIÓN E ENLACES A PÁXINAS ONDE VEREDES ACTIVIDADES VARIADAS E DIVERTIDAS.
 CANDO TEÑADES AS TRES RESPOSTAS ESCRIBIDELAS NUNHA TARXETA QUE TEREDES Á ENTRADA DA BIBLIOTECA E METÉDELA NO BUZÓN QUE  HAI  AO LADO.
· 3. O VENRES  DIA 16 AO FINAL DO RECREO, 
SORTEAREMOS UN AGASALLO ENTRE OS 
PARTICIPANTES QUE RESPONDAN CORRECTAMENTE 
ÁS TRES PREGUNTAS.
  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
UN SAÚDO  DO VOSO AMIGO
                                     PATAQUIÑA

venres, 27 de abril de 2018

LETRAS GALEGAS

  LETRAS GALEGAS

2018

Mª VITORIA MORENO

 



Xa non queda nada para festexarmos o Día das Letras Galegas 2018, o día en que a nosa literatura e a nosa lingua se visten de gala para celebrar a súa vizosa creatividade e a necesidade de promover e potenciar o uso do noso idioma para que cumpra 1000 primaveras máis.
Este ano a autora homenaxeada será María Victoria Moreno, a escritora estremeña que aló polo ano 1963 chegou a Pontevedra como profesora para asumir, conscientemente, unha vida e unha obra en lingua galega. Tal e como diría ela anos máis tarde, "a miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor".  E así foi como a este amor e ao seu compromiso coa docencia e o ensino, que recoñecen moitas xeracións de pontevedreses e pontevedresas que pasaron polas súas aulas de lingua e literatura, sumou unha obra literaria que nos deixou algúns dos títulos máis recoñecidos entre o público infantil e xuvenil.
Ademais das numerosas actividades que se están a levar a cabo e a argallar ao redor da súa figura neste mes, a continuación facemos unha selección de recursos e materiais que de seguro nos axudan a coñecer mellor a súa achega á cultura galega:
  • Real Academia Galega: inclúe unha biografía, información sobre a súa obra e unha interesante sección sobre as actividades que se están xerando ao redor da autora neste ano.




  • Seminario Galán: como todos os anos, os compañeiros e compañeiras do Seminario elaboraron un completísimo monográfico para levar ás aulas a obra e a vida da persoa á que se lle dedica esta efeméride. Materiais imprimibles (biografías, dípticos, exposicións, cadernos de actividades...), libros interactivos multimedia e álbum de imaxes da autora conforman un conxunto de recursos adptados a cada curso de Infantil e Primaria.
  • Letras Galegas 2018: a profesora Patricia Sánchez Lamas, autora do blogue de referencia A fiestra da mestra, non para e elaborou unha páxina web que, ao lado de fichas idóneas para imprimir e traballar na clase, incorpora unhas actividades tan orixinais como unha "Regueifa das Letras" e as "Píldoras para Victoria", ademais dunha "Biografía sonorizada" e un "Concurso das Letras". Van alá os nosos parabéns e agradecementos para esta compañeira polo seu traballo e por partillalo con nós!

Incluímos tamén a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe traballos e propostas que se están a desenvolver nos centros de ensino, e a selección de recursos e novidades sobre as Letras da revista Botóns, o Portal Galega da Educación.