Pataquinha

Pataquinha
Amosando publicacións coa etiqueta SALON DO LIBRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SALON DO LIBRO. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de marzo de 2019

SALÓN DO LIBRO 2019




Un ano máis o cole de CABANAS participaremos no Salón do Libro.



Esperamos que durante a  vosa visita ao salón deste ano lle votedes un vistazo ao noso traballo, pero por si acaso aquí tendes o noso libro

REVOLUCIONARIAS


Se queredes máis información podedes consultar a páxina do Salón aquí.

venres, 6 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO, 2018

Un ano máis comeza o "SALÓN DO LIBRO", este ano co tema "MULLERES DE CONTO".
O cole de Cabanas participa coma sempre cun traballo estupendo feito polo nosos alumnado.
E todo o cole visitaremos o salón o vindeiro LUNS 9.
Xa vos mostraremos o ben que o pasamos, cos obradoiros que nos teñen preparados.
Pero hai tantas cousas que ver que é o plan ideal para pasar unha tarde en familia, ademáis de poder disfrutar con actuacións e obradoiros moi interesantes para tódalas idades.
Podedes ter máis información aquí, ou seguilos no seu FACEBOOK.

mércores, 27 de febreiro de 2013

MAQUINANDO COA AUGA

Empeza a conta atrás para chegar ao Salón do Libro!!! a nosa "Fonte de Cabanas", xa chegou ao Pazo de Cultura e está esperando a ser colocada no seu lugar xunto cos traballos dos outros coles.
 No Pazo da Cultura de Pontevedra, unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil dará comezo o vindeiro sábado día 2 e permanecerá aberto ata o 23 de marzo. A entrada é gratuíta e a maioría das actividades que se realizarán tamén. O programa xa se pode consultar clicando aquíO horario de apertura será: De luns a venres de 17.00 a 20.30h; sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30h. Este ano o tema central serán as máquinas: …“inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.”… “A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos.”… 
Benvidos ao mundo das máquinas.