Pataquinha

Pataquinha

mércores, 27 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


                                         


Co fín de evitar a violencia contra as mulleres e nenas o equipo de biblioteca organizamos varias actividades encamiñada a concienciar da importancia de erradicar a violencia de xénero ou calquera outro tipo de violencia.

1- Creamos o recuncho dos contos que abordan  esta temática para os distintos niveis.






2- Iniciamos o Club de Lectura para 6º con dous  libros
 1-Nata y chocolate  

 2-Nata y chocolate invencibles, para os nenos que xa leron o primeiro.



3- Seleccionamos músicas con esta temática para escoitar o inicio das clases e poder falar despois do que falan.

  • Malo de Bebe
  • Lo que Ana ve de Revolver
  • La puerta violeta de Rozalen
  • Derechos de los niños UNICEF


4- Os axudantes de biblioteca escolleron un conto da exposición e foron a contarllo aos máis pequenos no tempo de lectura.


3 anos--Nin un biquiño a forza
4 anos--Nin un biquiño a forza
5 anos--Maruxa e Pepiño
1º  P.--O segredo de Flora 
2º  P.--O segredo de flora
3º P.--O Pais dos Mandóns
4º P.-- Arturo y Clementina
5º P.--O libro dos porcos













Ademais fixemos tamén un Mannequin Challenge con algún dos dereitos dos nenos e tamén contra a violencia de xénero.


xoves, 21 de novembro de 2019

CLUB DE LECTURA 2019



Resultado de imagen de club de lectura"
   

Todos os nenos e nenas de 6º de Primaria que xa leron NATA Y CHOCOLATE e estén interesados en apuntarse o club de lectura para ler NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES,   poden facelo xa.
Só tedes que ter ganas de ler e pasar un rato divertido todos xuntos falando das lecturas que nos gustan .



OUTONO DE CHARCOS

martes, 19 de novembro de 2019

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


                                         Resultado de imagen de 20 de noviembre dia internacional de los derechos del niño"


Fai 60 anos,  o 20 de Novembro de 1959, 78 paises que formaban a Organización das Nacións Unidas, aprobaron por unanimidade o que hoxe se coñece como declaración dos Dereitos dos Nenos.
Os menores de idade son a riqueza do futuro e os adultos deben preservar a sua integridade e felicidade.
Con este día e con moitas das actividades que se fan queremos recordar que os nen@s teñen dereito a saúde, educación e protección, independentemente do lugar do mundo no que nacen.

Pataquiña quere deixar aquí un enlace dun documento audiovisual para os nenos de infantil e tamen primeiro ciclo de Primaria:" Todos somos iguais"







É un episodio dunha serie de muñecos de guiñol: Os Dereitos dos nenos e as nenas  sobre os habitantes de Tamborilandia, elaborado pola televisión mexicana en colaboración coa Universidade Pedagógica Naciona Mejicana.
Neste primeiro episodio o protagonista é un neno diferente, é azul e non ten anteas e por eso  din que é raro e non queren estar con el.
Finalmente aparecerá un superhéroe, defensor dos dereitos que lles axuda a resolver o conflicto.


A partir do terceiro curso de Primaria,  ¨No discrimines" é tamén un documento que pode servir  para despois de ver a historia,   falar entre todos do  qué  quere decir a historia, qué nos ensina , qué pensan ou sinten o vela.









LECTURAS RECOMENDADADAS :









domingo, 17 de novembro de 2019

CAMPAÑA EFECTO PO2

O Concello de Pontevedra está a levar a cabo a campaña Efecto PO2, coa que pretende traer ao primeiro nivel da actualidade local o momento clave de emerxencia climática que vive o planeta.
Por eso hoxe  os nenos de 6º de Infantil partindo da impresión en tea de varias ilustracións da artista Susana Suniaga representando tubos de escape, chemineas etc. dibuxaron todo aquilo que lle gustaría aportar para mellorar a cidade e o mundo no que vivimos na loita contra o cambio climatico.



Unha vez rematados, os traballos  serán expostos  no paseo das Palmeiras no que haberá un acto inaugural a mañá do 27 de novembro.


                                   

luns, 11 de novembro de 2019

SAMAÍN 2019


 A partir dos contos e historias de medo de Samaín  o alumnado decorou as portas das suas aulas.
A decoración resultou ser moi terrorífica, pero ainda así nada nos dou medo.
               EXPOSICIÓN DE CONTOS DA BIBLIOTECA




                                              EXPOSICIÓN DE PORTAS

























A profe Patri fixo un taller   de efectos especiais cos nenos e nenas  gañadores do concurso de cabazas.
Foi moi emocionante, terrorífico e divertido.





MOITAS GRAZAS

martes, 5 de novembro de 2019

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano quixemos celebrar o día de Bibliotecas Escolares con estas tres actividades:
-Reparto dos itinerarios lectores 
-Posta en marcha das mochilas viaxeiras.
-Presentación das novidades de biblioteca no patio.
Os nenos e nenas voluntarios ademais de mostrar as  lecturas para os seus compañeiros , tamén se ofreceron a ler para eles.