Que ben o pasamos!
As campanadas chegaron a Cabanas e tivemos festa rachada.
Por cada campanada un lacasito. Que ricos!
xoves, 25 de decembro de 2014
mércores, 24 de decembro de 2014
FELICITACIÓN DE NADAL 2014
CON ESTA FELICITACIÓN GAÑADORA
PATAQUIÑA E O EQUIPO DE BIBLIOTECA, QUERE DESEXARVOS A TODOS UNHAS BOAS FESTAS.
xoves, 18 de decembro de 2014
FESTA DE FIN DE ANO 2014
Hola! A todos e todas.
Mañá, no cole, celebraremos a particular festa de "FIN DE ANO".Comeremos minilacasitos coas doce campadas que estarán presentadas pola nosa mascota da biblioteca "Pataquiña".
Podedes ir practicando para non equivovarvos cos cuartos.
mércores, 17 de decembro de 2014
GUIA DE LECTURA 2014
Pataquiña desexa que vos rodeedes este Nadal de boas lecturas e que pidais aos Reis Magos ou a Papa Noel un bó libro.
domingo, 14 de decembro de 2014
YUMMA
O equipo de biblioteca quere agora, en tempo de Nadal e de familia, colaborar con este audiovisual que ten por obxectivo: FOMENTAR A CONCIENCIA DE QUE O SISTEMA XENERA NIVEIS INTOLERABLES DE POBREZA E EXCLUSIÓN E XENERAR PROCESOS PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL.
domingo, 7 de decembro de 2014
O NADAL XA ESTÁ AQUÍ
Pataquiña e o equipo de biblioteca queren que disfrutedes co Nadal e para eso ofrecémosvos algúns recursos.
Clicar aquí
COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN
LIMs de NADAL
Clicar aquí
COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN
LIMs de NADAL
DIPLOMAS MONITORES DE MAGOSTO
O pasado Venres, fíxose entrega dos diplomas de monitores dos xogos do magosto a todos os nenos e nenas de 6º de Primaria.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
SOLUCIONS, 3º ENIGMAS
A ISLA DO ARCO IRIS.........................................23
A CASA DO ARQUITECTO................................5 pisos
domingo, 30 de novembro de 2014
SOLUCIÓNS DOS 2º ENIGMAS
O XOGO DE DETECTIVES...................................D
BÚSCASE FIGURA...............................................D
DÍA DOS ENAMORADOS...................................DANIELA
xoves, 27 de novembro de 2014
CANCIÓN HOMENAXE AS MULLERES, MATRIARCAS
O equipo de biblioteca quere que escoitedes e vexades un video de Gaudi Galego en homenaxe as mulleres.
Atopámolo en BIBLIIOLUCUS .
ESCOITADEO CON ATENCIÓN E DESFRUTÁDEO
ESTÁ ADICADO AS MULLERES DE VERDADE.
AS NOSAS NAIS, IRMÁS, AVOAS, AMIGAS...
Atopámolo en BIBLIIOLUCUS .
ESTÁ ADICADO AS MULLERES DE VERDADE.
AS NOSAS NAIS, IRMÁS, AVOAS, AMIGAS...
mércores, 26 de novembro de 2014
luns, 24 de novembro de 2014
25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
Como actuamos ante a violencia machista?
Pataquiña quere que os nenos de Cabanas sexade sensibles ante este problema e aportdes unha mensaxe, frase, verso ou debuxo contra a violencia de xenero.
Todo o mundo rexeita, sen nengún tipo de paliativos a violencia contra as mulleres. Pero que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
Cunha cámara oculta instalada nun ascensor,un home ameaza e agrede a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Vendo o video podemos comprobar que , ainda que a opinion e actitude da maioria cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 persoas que entran no ascensor reacciona ante a agresión.
Loitemos todos dende o cole e as casas para que esto non suceda.
Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros. Clicar en " Educando en Igualdade"
Pataquiña quere que os nenos de Cabanas sexade sensibles ante este problema e aportdes unha mensaxe, frase, verso ou debuxo contra a violencia de xenero.
Todo o mundo rexeita, sen nengún tipo de paliativos a violencia contra as mulleres. Pero que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
Cunha cámara oculta instalada nun ascensor,un home ameaza e agrede a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Vendo o video podemos comprobar que , ainda que a opinion e actitude da maioria cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 persoas que entran no ascensor reacciona ante a agresión.
Loitemos todos dende o cole e as casas para que esto non suceda.
Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros. Clicar en " Educando en Igualdade"
sábado, 22 de novembro de 2014
SOLUCIÓNS DOS 1º ENIGMAS
XOGOS DO MAGOSTO
Estes son os xogos cos que nos divertimos todos o Venres.
O castañazo, Birlos, A castaña no vaso, Tragacastañas, Os aneis, Castañas á rede, a culler coa castaña, Saltar á corda, A mariola, Petanca e 7 e media.
xoves, 20 de novembro de 2014
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DO NENO
O 20 de Novembro de 1959 aprobouse a declaración dos dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o día Universal dos nenos e nenas.
Os nenos e profesores de Cabanas, seguindo a programación recollida no plan lector e proxecto da biblioteca, traballamos este tema toda a semana dende o Lúns, día 17.
Para elo utilizamos un conto da colección Dos Dereitos do Neno e da Nena
Non só se expuso este conto nas clases e na biblioteca ós nenos de infantil e primaria, senon que tamén se fixo un LIM para ler o conto e facer divertidas actividades.
mércores, 19 de novembro de 2014
PRESENTACION DOS ENIGMAS
Esta é a presentación que elaborou o equipo de biblioteca para explicar ós nenos que é un enigma e presentar o concurso.
sábado, 15 de novembro de 2014
MOCHILAS VIAXEIRAS
O Venres 14 de Novembro puxemos en funcionamento as mochilas viaxeiras de Primaria.
Esperamos que vos gusten
este ano renovamos os libros para pais. Son lecturas interesantes para despertar curiosidadese e axudarnos entre todos. Oxalá sexan do voso agrado.
Esperamos que vos gusten
este ano renovamos os libros para pais. Son lecturas interesantes para despertar curiosidadese e axudarnos entre todos. Oxalá sexan do voso agrado.
xoves, 13 de novembro de 2014
1º ENIGMA, VENRES 14 DE NOVEMBRO
mércores, 12 de novembro de 2014
O MAGOSTO
E agora ... chega o Magosto!!!
O Venres, 14 de Novembro imos celebrar todos xuntos a festa do Magosto.
Mentras non chega a festa imos coñecer algúns datos.
Clicar aquí O Castiñeiro
Clicar en Magosto
NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO
CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO,
NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO
QUE ME CHEIRAN O CHAMOSCO
QUE ME CHEIRAN O CHAMOSCO.
AI LALELO AI LALALO.
ALÁ VÉN O GAITEIRO
POR DETRÁS DO PINAR,
ALÁ VÉN O GAITEIRO
¡AI!DEIXALO PASAR
¡AI!DEIXALO PASAR
¡Ai!DEIXALO PASAR
ALÁ VÉN O GAITEIRO
POR DETRÁS DO PINAR,
A CASTAÑA NO OURIZO
NON SABEDES O QUE FAI
A CASTAÑA NO OURIZO
NON SABEDES O QUE FAI
CANDO ESTÁ VERDE MADURA
E CANDO MADURA CAE
AI LALELO AI LALALO.
O Venres, 14 de Novembro imos celebrar todos xuntos a festa do Magosto.
Mentras non chega a festa imos coñecer algúns datos.
Clicar aquí O Castiñeiro
Clicar aquí Festa do Magosto
CANCIÓN
NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO
CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO,
NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO
QUE ME CHEIRAN O CHAMOSCO
QUE ME CHEIRAN O CHAMOSCO.
AI LALELO AI LALALO.
ALÁ VÉN O GAITEIRO
POR DETRÁS DO PINAR,
ALÁ VÉN O GAITEIRO
¡AI!DEIXALO PASAR
¡AI!DEIXALO PASAR
¡Ai!DEIXALO PASAR
ALÁ VÉN O GAITEIRO
POR DETRÁS DO PINAR,
A CASTAÑA NO OURIZO
NON SABEDES O QUE FAI
A CASTAÑA NO OURIZO
NON SABEDES O QUE FAI
CANDO ESTÁ VERDE MADURA
E CANDO MADURA CAE
AI LALELO AI LALALO.
CONCURSO DE ENIGMAS
Despois de ter comprobado o importante que son as matemáticas na vida diaria de todos nos , Pataquiña quere que saibades que o cerebro é un musculo que necesita entrenarse para que non se "oxide " e que esto podedes facelo a través das matemática.
Pataquiña proponvos un concurso: Enigmas para resolver
Tódolos Venres durante 3 semanas vaivos presentar un divertido xogo de lóxica e intelixencia para desenrolar a memoria e agudeza mental e concentración.
Serán 3 enigmas, un para 1º e 2º , outro para 3º e 4º e outro para 5º e 6º.
Os nenos que o saiban resolver, apuntarán a resposta nun papel co nome do enigma, o seu nome e apelidos e o curso. Despois terán que introducir a papeleta nun buzón que estará en biblioteca.
Os nenos que acerten tres enigmas conseguirán exercitar o seu cerebro, mellorar a súa saúde e ademais recibirán unha sorpresa.
Todos a xogar!!!
O VENRES ESTADE ATENTOS OS ENIGMAS
martes, 4 de novembro de 2014
venres, 31 de outubro de 2014
SAMAÍN
Estas son algunhas das actividades que fixemos para celebrar o Samaín:
Contacontos de medo
Contos de medo
Bailes con terror
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)