Pataquinha

Pataquinha

martes, 22 de febreiro de 2022

ROSALIA DE CASTRO


O vindeiro 23 de Febreiro celebraremos o día de Rosalia de Castro 
Estamos preparando un mural que recolla información da sua vida, obra e tamén ilustraremos algunhas das suas poesias.
Mentras tanto Pataquiña decidiu deixar algúns videos que vos poidan servir para informar.
 




Clicar









xoves, 10 de febreiro de 2022

RECOLLEITA DOS NENOS DE 4º DE PRIMARIA

Por fín chegou o día no que os nenos e nenas de 4º de Primaria  puideron facer a recolleita.

No mes de Decembro plantaron leitugas, acelgas e allos e todo foi medrando moi ben.

Ainda quedaro os allos esperando o mes de Marzo que é cando se poderán quitar, pero coas leitugas e acelgas oxalá poidan elaborar ricas receitas nas suas casas.













DÍA DA PAZ: O DEPORTE UNE


Este ano as Escolas Galegas da rede Unesco decidiron celebrar o "Día da Paz" dándolle relevancia ao deporte e así de paso tamén celebrar o éxito de varias mulleres olímpicas e paralímpicas galegas.
Polo que estos días nas nosas aulas o alumnado falou  dos valores  que se conseguen a través do deporte, entendendo que o deporte contribue ao desenvolvemento da paz promovendo tolerancia e respeto e que respalda tamén o empoderamento das mulleres e a inclusión.
Aproveitamos tamén para traballar  os obxectivos de desenvolvemento sostible que estaban relacionados co tema  "Deporte e paz",  asi como coñecer un pouquiño da vida dalgunhas das mulleres deportistas importantes deste momento.












RADIO NA BIBLIO

 A  radio,  a mellor rede social do cole

Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 5º de Primaria os que tiveron a sorte de vivenciar un taller no que os dous xornalistas Pablo Portabales e  e Loreto Silvoso do programa  "Voces de  A  Coruña" traballaron con eles as seguintes tarefas.

-Como aprender a  montar unha radio

-Crear un programa para saber o que se vai falar e   a quen vai dirixido, como facer un guión, como seleccionar as sintonias ou que recursos da biblioteca podemos utilizar.

-Os estilos do locutor. Con exercicios prácticos e moi divertidos , o alumnado intentou aprender a improvisar e vocalizar .

Foi un día moi divertido e no que todos aprendemos!!!