Pataquinha

Pataquinha

venres, 18 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DE NADAL

Pataquiña recoméndavos ler durante este Nadal algúns destes libros, ou calquera outro...
LER, LER E LER...
BO NADAL!





martes, 15 de decembro de 2015

ENTREVISTA AO GAÑADOR DO CONCURSO DE CABAZAS!

Boas rapaces!
Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos a Brais, o gañador da cabaza máis arrepiante!!!!





martes, 8 de decembro de 2015

CHEGA O NADAL

Falta pouco para celebrar o Nadal e mentras tanto podedes axudar a Papa Noel a recoller regalos.
Clica aqui



E agora celebra o Nadal con este LIM


xoves, 3 de decembro de 2015

25 DE NOVEMBRO

Para traballar este día os nenos de 6º quixeron por voz a un conto que fala de igualdade.





domingo, 29 de novembro de 2015

20 DE NOVEMBRO "DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS"

Todos os nenos e nenas refuxiados teñen dereito a recibir atención no pais de acollida.
Este foi o dereito que se traballou aproveitando o conto "La pequeña Carlota"

domingo, 1 de novembro de 2015

CHEGOU A FESTA DO SAMAÍN

Chegou o Samaín ...
Festa rachada con medo,  cancións de terrorrrrrrrrrrr e concurso de cabazas.
Esta foi a cabaza gañadora. Felicidades Brais



domingo, 25 de outubro de 2015

24 DE OCTUBRE

Neste curso 2015-16 para celebrar o día das Bibliotecas Escolares , fixemos un mural con fotografias onde os nenos e nenas ensinaron a Pataquiña os diferentes lugares do mundo nos que estiveron e tamén exploraron.
Chegaron moitas fotos e por eso Pataquiña está moi contento.
Grazas pola colaboración das familias




venres, 23 de outubro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están preparadas e revisadas as mochilas viaxeiras para viaxar ás casas dos nenos e nenas.
Pataquiña desexa que disfrutedes moito das lecturas.
Bo viaxe!!!!!!


O SAMAIN

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
¿Qué é o Samaín? premer aquí


PATAQUIÑA EXPLORADOR

Este ano imos explorar o mundo.
O noso  Pataquiña xa está preparado e nós tamén.
El é un pirata pero agora toca ser explorador e como podedes ver xa comprou traxe novo para viaxar e aprender.




domingo, 13 de setembro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2015-16

             OLA A TODOS E TODAS

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elexido por bibliotecas escolares para o curso 2015-16.
Pataquiña desexa que todos vos animedes a explorar e coñecer o mundo que nos rodea.
Esperámosvos na  biblioteca do cole 

sábado, 20 de xuño de 2015

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2015

Video coas actuacións do festival deste ano.
Aquelas persoas que estedes interesadas podedes conseguir unha copia de maior calidade da película na biblioteca do colexio. Non esquezades traer un DVD gravable ou un lapis de memoria.


martes, 9 de xuño de 2015

PRINCIPIÑAS E PRINCIPESOS

O noso cole foi un dos que participou durante este curso no

Programa de prevención da violencia de xénero engadido dentro do Proxecto nAmorAndo, feito posible grazas ó apoio e a financiación da Concellería de Asuntos Socias e Iguadade do Concello de Pontevedra e levado a cabo pola psicóloga JONE OJEDA.
Encantados quedamos coa experiencia e co resultado final, un video precioso que nos fai reflexionar a todos e todas.



Se queredes disfrutar  del clicade aquí.
Esperamos que vos guste moito.

mércores, 27 de maio de 2015

DÍA DA CIENCIA

Onte día 26 de Maio festexamos o "día da ciencia".
Todos os experimentos xiraron arredor da LUZ, e grazas os nosos "cientificos locos" experimentmos con:
1. Cascada de luz 
2. Os corpos e a luz
3. Periscopio
4.As sombras
5.Caleidoscopio
6.Lente aumento peceira


experimentos - Kizoa Movie Maker

martes, 19 de maio de 2015

HOMENAXE A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Estes son algúns dos traballos que elaboraron os nenos do noso cole.
Encrucillados, puzzles, laberintos...
¡Mirade canto traballaron!









martes, 12 de maio de 2015

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE


LIM da biografía de Xosé filgueira valverde





                                       

XA ESTÁ A CHEGAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 DE MAIO É O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E ESTE ANO ESTÁ ADICADO A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
Clica para diminuír
XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE, CONTROVERTIDO INTELECTUAL GALEGO, FOI CO-´FUNDADOR DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS E DIRECTOR DO INSTITUTO PADRE SARMIENTO E O MUSEO DE PONTEVEDRA. PRESIDIU O CONSELLO LA CULTURA GALEGA E FOI MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA. E AUTOR DUNHA MOI NUMEROSA OBRA, NOMEADAMENTE NOS CAMPOS DA HISTORIA , LITERATURA, ARQUEOLOXÍA E ANTROPOLOXÍA DE GALICIA




domingo, 26 de abril de 2015

CONTACONTOSPAIS

                                                                  Papá de Iván



xoves, 23 de abril de 2015

23 de ABRIL


O 23 de Abril, celébrase o día mundial do libro porque foi nesa data cando morreron tres grandes escritores da literatura: Miguel de Cervantes Saavedra, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.





CONTACONTOSPAIS


Mamá de Iván




Mamá de David



martes, 21 de abril de 2015

CONTACONTOSPAIS

Como xa é tradición nestes últimos anos co motivo da celebración do "día do libro", o 23 de abril; as familias dos nenos e nenas participan nunha actividade de contacontos na biblioteca do cole.

Avó de Iker co conto do  Pirata Pata de Lata.


Mamá de Diego co conto O Coelliño Branco.


Mamá de Yerai 

domingo, 1 de marzo de 2015

nAmorAndo

Dende o Concello proponse unha actividade na que se quere axudar os nenos a identificar e expresar emocións básicas e que sexan vistas como formas naturais de expresión en ambos sexos.
Identificar xogos e xoguetes que no condicionan roles sexista.
Reflexionar sobre cuestións básicas do amor romántico.
Tomar contacto con situacións relacionados co bo e mal trato nas relacións.
Avaliar os cambios obtidos durante a intervención.



MALETA MATEMÁTICA

Fai poucos días estivo no noso cole a maleta matemática cargada de libros para todos os cursos.
Gustáronnos moito e foi moi divertido poder saber que existe unha bibliografia  tan variada e divertida.



xoves, 26 de febreiro de 2015

SALÓN DO LIBRO 2015



                                                             

Dende o 27 de Febreiro ata o 28 de Marzo, celebrase no Pazo de Cultura de Pontevedra baixo o título "Da ciencia a ficción" o XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil.
Para consultar o programa de actividades podedes facer clic aquí.

luns, 23 de febreiro de 2015

DESPEDIDA DE CABANÓN

Hoxe rematou o entroido no noso cole.
Nenos e maiores despedímonos de Cabanón. Despois de recitar as coplas queimámolo e fixemos unha festa rachada con baile incluido.






                                     
Ata o ano que vén Cabanón.