Pataquinha

Pataquinha

domingo, 13 de outubro de 2019

BIBLIOTECA ESCOLAR: VIVEIRO DE CIDADANÍA


A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode 
facilitar.


"Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. "

luns, 7 de outubro de 2019

OS VENRES XOGAMOS COS XOGOS DE PATIO


Fai uns días que abrimos a biblioteca e tamén o noso rincon de biblioxogos que tanto éxito ten, pero ademais este Venres iniciamos os xogos de patio.
Os voluntarios de 6º son os responsables non só de ofrecer os xogos, senon tamén de ensinar as normas e xogar cos que non saben o funcionamento dese xogo.
Con esta actividade tanto pataquiña como o equipo de biblioteca queremos conseguir um mellor tempo de ocio e de xogos compartidos.
Esperamos que así sexa!!!