Pataquinha

Pataquinha
Amosando publicacións coa etiqueta VIOLENCIA DE XENERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIOLENCIA DE XENERO. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de novembro de 2022

25 N: O MURO DO BO TRATO


Pataquiña quixo hoxe, día 25 de Novembro sumarse tamén a loita  da violencia contra as mulleres.




Entre todos e todas elaboramos un muro cheo de mensaxes positivas e con el quixemos expresar a necesidade de tratar ben e de ser ben tratadxs polos demais.





Ademais tamén grazas as profes Antía e Rebeca cantamos no patio con moita emoción a canción "Uñas de colores", composta por Susa Herrera.
Unha canción basada nun conto perfecto para ensinar aos nenxs a deixar atrás os estereotipos e as etiquetas desde idades moi tempranas.






martes, 24 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO " DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"

Estase achegando o 25 de Novembro e desde a Biblioteca queremos sumarnos á loita contra esta lacra da sociedade.

Recursos recomendados para traballar nestes días.





Clicar nas imaxes
Principiñas e princesiños
E un video que trata de recopilar as mensaxes de alumnos e alumnas de 4º de Primaria de colexios públicos.





Felices para sempre
Proxecto creado polo alumnado de todos os centros educativos de Pontevedra en estudo bonobo.





Namorarte
Un mural sobre o amor desde a igualdade





Lecturas :




Música:
Malo de Bebe
Lo que Ana ve de Revolver
La puerta violeta de Rozalén
Pienso en tu mirá de Rosalia
Salir corriendo de Amaral






mércores, 6 de decembro de 2017

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os nenos de tres anos quixeron facer un video,  o día contra a violencia de xénero,  para recordar a todos cales son as cousas bonitas que se poden facer coas mans e cales nunca debemos facer.
Atentos a esta importante mensaxe



venres, 24 de novembro de 2017

25 DE NOVEMBRO DE 2017



O 25 de Novembro é o día internacional contra a violencia de xénero.

Durante toda a semana  fixemos lecturas relacionadas co tema , e debates nos que se intentou  plantexar algunhas aportacións contra este tipo de violencia. 
Falamos tamén de cales son os roles asociados a feminidade ou masculinidade. 

Resultado de imagen de 25 de novembro


Ademais quixemos mostrar nun mural cales son as cousas boas que podemos facer coas mans e as que nunca debemos facer.