Pataquinha

Pataquinha

mércores, 26 de abril de 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Ao longo desta semana, para conmemorar o día do libro, realizáronse varias actividades entre elas a do apadriñamento lector do alumnado de 3º e 6º de P. para os nenos e nenas de infantil e 1ºde Primaria.

Os padriños e madriñas recolleron os seus afilladxs nas clases para despois levalos ao patio e contar o conto escollido.

Ademais moitos padriños e madriñas obsequiaron aos seus afillados lectores cun pequeno regaliño feito por eles.














venres, 21 de abril de 2023

EXPERIMENTANDO : A TINTA QUE FLOTA

 


Comezamos neste terceiro trimestre cos experimentos
que emoción convertirnos en ciéntificos e facer todo o proceso para ver o resultado final.
1- Nome do experimento: "A tinta que flota"
2- Materiais: 2 vasos, auga, sal, colorante e culler.
3- Hipótesis: Qué pensades que vai pasar neste experimento

4- Observacións: No vaso con sal o colorante flota na auga, e ésta é de cor laranxa, e no vaso sen sal o colorante mistúrase moito coa auga, e ésta é de cor amarela.
 












MAGIA EN LA MANGA

 Que día tan especial vivimos o pasado mércores , 20 de Abril.

Todo o cole saímos camiñando ata a casa verde para disfrutar dun espectáculo de maxia chulísimo e titulado " LA IGUALDAD NO TIENE TRUCO", que nos ofreceron sara Rodríguez e Carlos Tomico, integrantes de " MAGIA EN LA MANGA"

Estamos acostumadx a ver magos, pero tamén existiron e existen hoxe en día moitas magas. "La igualdad no tiene truco" é unha charla espectáculo que busca promover a igualdade de xénero mediante o arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. 


















 


MOITAS GRAZAS A AMPA DO COLE POR ESTE DÍA

martes, 18 de abril de 2023

MES DO LIBRO

O vindeiro 23 de Abril celebraremos o "Día Internacional do libro"
Xa levamos unha boa temporada animando a lectura grazas on nenxs de 3º e 4º de Primaria que preparan contos de forma moi divertida para que os máis peques disfruten do pracer de escoitar contos.
Como en cursos anteriores están programadas dúas actividades:
-"Familias contacontos" 
Queremos contar coa aprticipación de pais, nais, avos....que poidan vir ás aulas para compartir  e disfrutar cos nenxs  das suas lecturas preferidas.
-"Apadriñamento lector"
Os nenxs de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria preparan un conto para ler, contar ou dramatizar para os nenos de infantil, 1º e 2º de Primaria.
Esta lecturas farémolas o día 21 no patio.




luns, 17 de abril de 2023

CONTOS POLA IGUALDADE; RAQUEL QUEIZÁS

 

Raquel Queizás "Queliña" é unha contacontos fantástica e nesta ocasión veu o cole para contarnos os nenxs de 6º de Infantil, 1º e 2º contos pola igualdade.






luns, 10 de abril de 2023

PLUMAS AMARELAS



Plumas amarelas é un video feito pola profe Neli con todos os nenos e nenas do colexio.
A partir da canción "Plumas amarelas" da banda da loba fixeron un homenaxe a todas as mulleres que loitaron para que nós hoxe poidamos ser quen somos e vivir como vivimos.

LECTURAS E FAMILIAS 2022-23

Este curso solicitamos o programa Lectura e familia xa que o Equipo de biblioteca e o Claustro consideramos que a relación familia-escola é fundamental para o bo desenvolvemento do noso alumnado no fomento da lectura.

Unha das actividades que se organizaron foron  dous obradoiros  para familias nos que se traballou a oralidade e o arte de contar historias.




Ademais compráronse libros para as familias co fin de axudar a contar contos e a dinamizar a lectura nas casa.