Este curso solicitamos o programa Lectura e familia xa que o Equipo de biblioteca e o Claustro consideramos que a relación familia-escola é fundamental para o bo desenvolvemento do noso alumnado no fomento da lectura.
Unha das actividades que se organizaron foron dous obradoiros para familias nos que se traballou a oralidade e o arte de contar historias.
Ademais compráronse libros para as familias co fin de axudar a contar contos e a dinamizar a lectura nas casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario