Pataquinha

Pataquinha

martes, 18 de abril de 2023

MES DO LIBRO

O vindeiro 23 de Abril celebraremos o "Día Internacional do libro"
Xa levamos unha boa temporada animando a lectura grazas on nenxs de 3º e 4º de Primaria que preparan contos de forma moi divertida para que os máis peques disfruten do pracer de escoitar contos.
Como en cursos anteriores están programadas dúas actividades:
-"Familias contacontos" 
Queremos contar coa aprticipación de pais, nais, avos....que poidan vir ás aulas para compartir  e disfrutar cos nenxs  das suas lecturas preferidas.
-"Apadriñamento lector"
Os nenxs de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria preparan un conto para ler, contar ou dramatizar para os nenos de infantil, 1º e 2º de Primaria.
Esta lecturas farémolas o día 21 no patio.




Ningún comentario:

Publicar un comentario