O día 23 de Febreiro , despois da ponte do Entroido, conmemoramos o día de Rosalia.
Nesta ocasión quixemos adicar o día a unha galega referente no mundo.
Unha muller importante como escritora e que falou de moitos temas do rural, da situación precaria dos pobos de galicia, da lingua e tamén da emigración.
Na biblioteca fixemos un recuncho de contos en galego e tamén dos seus.
Ademais montamos entre todxs un mural con fotos da emigración galega recompiladas polos nenxs , poesías e un mapa do mundo onde se marcaron os diferentes lugares aos que emigraron os galegos e galegas.
O día 11 de febreiro celebraremos o Día Internacional das nenas e mulleres na ciencia.
É un día para recordar e coñecer a moitas mulleres que tiveron moitas dificultades en destacar na ciencia.
Durante moitos anos as mulleres non tiveron as mismas oportunidades porque durante moitos siglos non se lles permitiu ni tan siquiera acceder a educación. Era imposible que se dedicaran a temas ciéntificos e moito menos explicar os descubrimentos do mundo.
Afortunadamente hoxe en día esto xa non é así e por eso é necesario ter en conta a todas estas mulleres como referentes.
Mulleres como:
ANGELES ALVARIÑO
Mª JOSÉ ALONSO FERNÁNDEZ
ANGELA RUIZ ROBLES
ELENA GARCÍA ARMADA
JANE GODALL
ROSALIND FRANKLIN
GRACE HOPPER...
Pero nesta ocasion queremos adicar o dia 11 de Febreiro especialmente a Katherine Johnsonn por ser muller ciéntifica e negra.
Ela tivo que loitar con todos os prexuicios asociados ao xénero e ademais ao seu color de pel.
Aquí vos queda este video para coñecela mellor e ver todo o que tivo que loitar para destacar no mundo da ciencia.
Tamén hay unha película "Figuras ocultas" que narra a historia de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas, entre elas Katherine Johnsonn, que traballaron na NASA a comenzos dos anos sesenta (en plena carreira espacial, e tamén cando se estaba a loitar polos dereitos civís dos negros estadounidenses) no ambicioso proxecto de por en órbita o astronauta John Glenn.
Aquí está xa o video montado con todo o traballo que os nenxs fixeron despois de escoitar a canción "Yo tengo un sueño" Hinno oficial da escola de cultura de Paz 2022.
Ninguén verá o racismo se nos quedamos en silencio
e si o ignoramos non deixará de ser violento.
USEMOS AS NOSAS VOCES CONTRA O RACISMO
VIVAN ASDIFERENTES CORES
Os nenxs de 3º e 4º de Primaria contando os pequenos de Infantil cun Kamishibai o conto da vida de Martin Luther king.